Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Libros de texto

LISTAXE FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

 de María Julías

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

 

A continuación tedes a listaxe de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2023-24. Para velos so tedes que picar enriba.

Lembrade que o alumnado de 5º e 6º de primaria non terá libros de texto senón que disporán dun ordenador persoal onde estarán os libros dixitais. O que si teñen que mercar é o material da listaxe, incluidos os dous cadernillos de traballo.

LISTADO DE MATERIAL 4º ED. INFANTIL

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 5º ED.INFANTIL

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 6º ED.INFANTIL

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 1º ED.PRIMARIA

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 2º ED.PRIMARIA

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 3º ED.PRIMARIA

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 4º ED.PRIMARIA

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 5º ED.PRIMARIA

LISTADO DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 6º ED.PRIMARIA

listas fondo libros e material

Dende hoxe están publicadas no taboleiro do anuncios no interior do colexio as listas provisionais do fondo de libros e de axudas para  material  escolar. Podedes consultalas xa o luns dende as 9:30  horas  ata as 13:30h.

Recordade que para o alumnado  de 4º de EP tan so tedes que mercar o activity book de inglés xa que hai libros de préstamo  no colexio independentemente do fondo libros.

ERRO NO LISTADO DE LIBROS DE TEXTO DE 3º DE E. PRIMARIA

Despois de atopar un erro no derradeiro número do ISBN do libro de Inglés de 3º Ed. Primaria, queda xa correxido no listado deste xeito:

 

TÍTULO

EDITORIAL

ISBN

ANO

GO!3 Student´spack

Richmond

978-84-668-2540-5

2018


PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS E CHEQUES DE MATERIAL

No taboleiro de anuncios, no interior do colexio, están publicadas as listaxes definitivas de axuda de Fondo de Libros e cheques de material.

As persoas que consten como solicitantes (ou as persoas que elas designen, coa pertinente autorización), e todos/as provistos do DNI, xa poden recoller os cheques en Conserxería en horario de 9:30 a 13:00 horas

A entrega de cheques farase desde o día 6 de xullo ata o venres 16 de xullo. De non pasar eses días, quedarán para recollerse a partir do 1 de setembro.

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS E CHEQUES DE MATERIAL

No taboleiro de anuncios do centro están publicadas as listaxes de axudas concedidas e denegadas de Fondo Libros e cheques de material.

Hai dous días para reclamacións 1 e 2 de xullo.

A semana do 5 ao 8 de xullo sairán as definitivas e a partir de aí sairán os cheques e as listaxes definitivas cos libros concedidos.

Os cheques se entregarán mentres o colexio permaneza aberto e os libros concedidos serán entregados no mes de setembro. Informaremos do día na web.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 21-22

A continuación tedes a listaxe de Libros de texto e material escolar para o vindiro curso 2021-22. Para velos so tedes que picar enriba.

Lembrade que o alumnado de 5º e 6º de primaria non terá libros de texto senón que disporán dun ordeador persoal onde estarán os libros dixitais. O que si teñen que mercar é o material da listaxe, incluidos os dous cadernillos de traballo.

LIBROS E MATERIAL DE 4º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 5º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 6º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 1º DE E. PRIMARIA.

LIBROS E MATERIAL DE 2º DE E. PRIMARIA.

 LIBROS E MATERIAL DE 3º DE E. PRIMARIA

LIBROS E MATERIAL DE 4º DE E. PRIMARIA.

MATERIAL DE 5º DE E. PRIMARIA.

MATERIAL DE 6º DE E. PRIMARIA.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS, MATERIAL E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

Xa está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto ( para 1º e 2º de Ed. Primaria), participar do Fondo Solidario de Libros de texto (3º e 4º de Ed. Primaria) e solicitar cheque para a adquisición de material escolar (de 1º a 6º de Ed. Primaria). O prazo remata o 22 de xuño (este tamén incluido).

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria estará dentro do Programa E-dixgal e non terá libros de texto senon que terán cada un/ha un ordenador onde estarán os libros dixitais.

Se cumplides os requisitos de renda podedes solicitar axuda para a adquisición de material, so o alumnado de Ed. Primaria que é obrigatoria.

No enlace situado arriba tedes máis información así como os modelos a cubrir para facer a solicitude. Os impresos tamén están á vosa disposición na administración do centro en horario de 9:10 a 13:50.

Podedes presentar a solicitude directamente no centro ou por Sede Electrónica para o que precisades unha chave 365 ou un certíficado dixital.

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/novas/nota-aclaratoria-convocatoria-fondolibros-2020-2021.

Aclaracións publicadas na Xunta sobre a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnado de E. Primaria. 3º e 5º de Ed. Primaria entran no Fondo Solidario de Libros de texto igual que 4º e 6º de E. Primaria.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31065. 

Enlace a información da Xunta.

Aquí podedes consultar toda a información.

Enlace para información do colexio.

 Detectado un erro nas instrucións para calcular a renda per cápita, o casilleiro da Renda do 2018 que hai que consultar é o 435 e non o 432 como poñía nas intrucións.

O plazo para a presentación das solicitudes vai do 20 de maio ata o 19 de xuño. Hai que presentalas no centro onde estea matriculado o alumnado (para os que acaban 6º hai que presentalas nos institutos ou centros onde reservarades praza). Hai que presentar unha única solicitude por todos os fillos/as matriculados no mesmo centro.

Desde o día 11 de maio o centro permanece aberto en horario de mañá para tareas administrativas entre as 9:00 e as 14:00.

Horario de atención en administración de 9:30 a 13:30

Tfno. do centro para consultas: 881938386.

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES DE PRESTAMO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Desde hoxe están publicadas no taboleiro interior do centro as listaxes provisionais de péstamo libros e cheque de material. De momento so podedes comprobar cantos libros vos corresponden de préstamo (3º, 4º e 6º de Ed. Primaria) e se tedes ben presentada toda a documentación para o cheque de material ou libros (1º e 2º de Ed. Primaria). Hai dous días para presentar a documentación que falta e o día 13 de xullo sairán as listaxes definitivas se o programa informático cruza todos os datos. A partir de ese día podedes ver que libros vos prestan (ata o mes de setembro non se fará o préstamo) e recoller o cheque de material escolar ou para a adquisición de libros de texto se vos corresponde.

Distribuir contido


by Dr. Radut