Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

AVISO da ANPA

Circular informativa sobre cuotas e horario de actividades correxido

Actividades extraescolares

Despois da reunión de onte, aquí tedes o horario das actividades extraescolares organizadas pola ANPA e o formulario de inscripción

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc8qPyWuLBX-QUVp1OzCetN0Rv9mHbw4LMcfClhRGW0jLuqUQ/viewform

 

Menús outubro

Velaquí tedes os menús de outubro para o noso comedor escolar.

Importante: COMEDOR ESCOLAR

 A partir do vindeiro luns 27 de setembro, ofrecemos aos nenos/as de comedor poder marchar ás casas ás 15:30h. As familias que desexen ese horario deben avisar no correo do colexio (ceip.gandara.naron@edu.xunta.es) para  que poidamos organizalo. Tede en conta que, se os recolledes a esa hora, será para tódolos días que queden no comedor, que os irmáns marcharán xuntos, e que case non lles dará tempo a xogar antes de saír con vós.  Os que non avisedes, esperarán a saír despois dese grupo e antes das 16:00 h como hora límite.  

 

  Un saúdo

CALENDARIO ESCOLAR

 

Este é o calendario escolar para o curso 2021- 2022. Tedes marcados os festivos que manda a Consellería e a maiores queda pendente de confirmar se nos aproban o 16 de maio como día non lectivo escollido polo centro. 

Lembrade tamén que o 23 de novembro é festivo local (Narón). 

 

Escola de familias

Lembrade que a reunión de Escola de familias organizada polo Concello será hoxe, de forma presencial na aula de música do colexio ás 16:00 h.

MADRUGADORES

Información importante sobre o Servizo de madrugadores

- Todas as queixas e suxestións sobre a xestión do Servizo de madrugadores faranse por escrito directamente á ANPA, nunca ás monitoras.

A ANPA contestará tamén por escrito en canto algún membro teña tempo de facelo.

Para evitar confusións co horario de entrada, insistimos:

7:30 (cunha marxe de 5 minutos antes e despois, ou sexa, entras as 7:25 e as 7:35.

8:00 (coa mesma marxe de arriba, é dicir: 7:55 e 8:05).

E sempre, sempre, a entrada pola porta pequena, nunca pola principal.

Moitas grazas.

 

Convocatoria reunión

A ANPA a Buxaina informa da convocatoria de Asemblea o vindeiro mércores 29 de setembro ás 16:30 ( primeira convocatoria)  ou 16:45 (segunda convocatoria) no patio cuberto do Centro escolar.

Moitas grazas

ESCOLA DE FAMILIAS

Dende o Concello van impartir unha charla informativa sobre a Escola de Familias.

Estades invitados a vir á aula de música do colexio o vindeiro xoves 23 de setembro ás 16:00 h.

Tedes tamén a opción da sesión informativa online (mércores 29 de setembro, ás 10:00 ou ás 20:00).

Nos adxuntos tedes máis información de interese.

Ordenadores EDIXGAL

No seguinte enlace tedes información IMPORTANTE para as familias e o alumnado de de Primaria, relativa aos ordenadores EDIXGAL:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

Distribuir contido


by Dr. Radut