Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Ordenadores EDIXGAL

No seguinte enlace tedes información IMPORTANTE para as familias e o alumnado de de Primaria, relativa aos ordenadores EDIXGAL:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

IMPORTANTE: Información inicio de curso ( correxido)

Dende aquí, ante as dúbidas que poidan xurdir, fixemos correcións nas explicacións en canto a algún procedemento de entrada. E lembrade: a hora límite para comunicar se os vosos fill@s quedan ou non ao comedor é ás 9:30 ( non as 9:00)

 

 

Menú setembro 2021

AXUDAS TRANSPORTE

Convocadas as axudas individualizadas para transporte. O prazo remata o 27 de setembro

COMEDOR: NORMAS E INSCRICIÓNS

Xunto coas normas e inscricións para o comedor, lembrámosvos a necesidade de traer certificado médico nos casos de ALERXIAS OU INTOLERANCIAS alimentarias.

Recordatorio: Comunicade tamén se @s nen@s veñen ou non antes das 9:30, para avisar á empresa ao seu debido tempo.

ALMORZOS: normativa e impresos de solicitude

Deixámosvos aquí as instrucións de uso e os impresos de solicitude para os almorzos no colexio. Lembrade: o prazo remata o MÉRCORES ás 17:00 h

SERVIZO DE ALMORZOS- comunicado da ANPA

Graduación de 6º de Infantil e 6º de Primaria

Aquí está o enlace ao vídeo da Graduación do alumnado de 6º de Infantil ( qué maiores son, que xa se nos van a Primaria)

https://youtu.be/5OJHtLE2jYc

E tamén o da Graduación de 6º de Primaria, que agora xa nos deixan para iniciar un novo camiño en Secundaria. Moita sorte a todos e a todas!

https://youtu.be/cLqdW0HKRbY

ERRO NO LISTADO DE LIBROS DE TEXTO DE 3º DE E. PRIMARIA

Despois de atopar un erro no derradeiro número do ISBN do libro de Inglés de 3º Ed. Primaria, queda xa correxido no listado deste xeito:

 

TÍTULO

EDITORIAL

ISBN

ANO

GO!3 Student´spack

Richmond

978-84-668-2540-5

2018


PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS E CHEQUES DE MATERIAL

No taboleiro de anuncios, no interior do colexio, están publicadas as listaxes definitivas de axuda de Fondo de Libros e cheques de material.

As persoas que consten como solicitantes (ou as persoas que elas designen, coa pertinente autorización), e todos/as provistos do DNI, xa poden recoller os cheques en Conserxería en horario de 9:30 a 13:00 horas

A entrega de cheques farase desde o día 6 de xullo ata o venres 16 de xullo. De non pasar eses días, quedarán para recollerse a partir do 1 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut