Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

CAMBIO DE HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO-HORARIO DE VERÁN

A partir do luns 28 de xuño e ata mediados de xullo, o novo horario de atención ao público será o seguinte:

De luns a venres de 9:30 a 13:00 h.

Martes pola tarde pechado.

Rogamos respeten o horario establecido.

Grazas. O Equipo Directivo.

Canción de final de curso "Live is life"

Estimadas familias, 

Este curso 2020/2021 chega ao seu fin e queremos despedilo cantando. Esperamos que o desfrutedes e desexámosvos a tod@s unhas boas e merecidas vacacións!!!

Sorriso

 

Revista do colexio "Alfar" Nº28

Neste curso 2020/2021 retomamos a elaboración da revista Alfar en formato dixital, con aportacións de todo o alumnado do colexio e coordinado polo seu profesorado.

Esperamos que vos guste e moitas grazas polo traballo realizado e pola vosa colaboración! 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 21-22

A continuación tedes a listaxe de Libros de texto e material escolar para o vindiro curso 2021-22. Para velos so tedes que picar enriba.

Lembrade que o alumnado de 5º e 6º de primaria non terá libros de texto senón que disporán dun ordeador persoal onde estarán os libros dixitais. O que si teñen que mercar é o material da listaxe, incluidos os dous cadernillos de traballo.

LIBROS E MATERIAL DE 4º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 5º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 6º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 1º DE E. PRIMARIA.

LIBROS E MATERIAL DE 2º DE E. PRIMARIA.

 LIBROS E MATERIAL DE 3º DE E. PRIMARIA

LIBROS E MATERIAL DE 4º DE E. PRIMARIA.

MATERIAL DE 5º DE E. PRIMARIA.

MATERIAL DE 6º DE E. PRIMARIA.

CONVOCATORIA XERAL ORDINARIA DE REUNON DA ANPA A BUXAINA

Circular da convocatoria.

 

A reunión está convocada para o xoves 17 de xuño as 16:30 h. no patio do colexio.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS, MATERIAL E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

Xa está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto ( para 1º e 2º de Ed. Primaria), participar do Fondo Solidario de Libros de texto (3º e 4º de Ed. Primaria) e solicitar cheque para a adquisición de material escolar (de 1º a 6º de Ed. Primaria). O prazo remata o 22 de xuño (este tamén incluido).

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria estará dentro do Programa E-dixgal e non terá libros de texto senon que terán cada un/ha un ordenador onde estarán os libros dixitais.

Se cumplides os requisitos de renda podedes solicitar axuda para a adquisición de material, so o alumnado de Ed. Primaria que é obrigatoria.

No enlace situado arriba tedes máis información así como os modelos a cubrir para facer a solicitude. Os impresos tamén están á vosa disposición na administración do centro en horario de 9:10 a 13:50.

Podedes presentar a solicitude directamente no centro ou por Sede Electrónica para o que precisades unha chave 365 ou un certíficado dixital.

ALMORZOS ESCOLARES PARA O CURSO 2021-2022- SERVIZO DE MADRUGADORES

A ANPA informa que está estudando a posibilidade de volver a retomar o servizo de madrugadores para o vindeiro curso 2021-2022. Para iso precisan saber canta xente estaría interesada en usalo coas condicións que se establecen.

Para máis información: Circular informativa servizo de almorzos escolares.

(picade enriba para lela)

Distribuir contido


by Dr. Radut