Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Premio á nova mascota de promoción do Galego no colexio

                                                                                                                                                 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS PARA O CURSO 22/23

PUBLICADAS NO DÍA HOXE, 12/05/2022,  AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO CEIP A GÁNDARA DE NARÓN, PARA O VINDEIRO CURSO 22/23.

PODEN COSULTARSE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO INTERIOR DO CENTRO E/OU NA APLICACIÓN WED DE ADMISIÓN ALUMNADO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

Revista Alfar Nº 29

Ola  Comunidade educativa da Gándara!

Hoxe editamos o número 29 da nosa revista escolar ALFAR. Adiantámonos un pouco nas datas e variamos o formato. Celebramos así anticipadamente, o Día das Letras Galegas 2022 e aproveitamos os coñecementos adquiridos con ferramentas de deseño gráfico, para mellorar a súa presentación.

 Polo demáis,o ALFAR segue amosando os talentos das nosas aulas. Veredes auténticas obras de arte realizadas polo alumnadoe e supervisa das por profes.

  Continuamos coa tradición de facela en galego, como apoio á nosa lingua e agradecemos a todos os participantes  o seu esforzo.

 

  

Revista Alfar nº 29, curso 2021-2022.

 

Con respecto ás novas medidas de prevención, hixiene...

O pasado 3 de maio a Comisión de Salud Pública aprobou as novas Medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde frente á covid 19 para centros educativos, que xa son de aplicación.
Despois de ler o documento e informarnos ben, e valorando que no CEIP A Gándara cumpríramos rigorosamente final tódolos protocolos publicados pola Consellería de Educación, anunciamos que, por fin, mesturamos por niveis os Grupos de Convivencia Estable (GCE= cada curso) para que interactúen entre sí, excepto no comedor á hora de xantar. Iso facilitará enormemente a vida do centro e revitalizará a planificación de diversas actividades moi demandadas pola nosa Comunidade Educativa (alumnado, profesorado e familias).
Mantéñense outras medidas de hixiene; e ademais cabe a posibilidade da valoración de medidas específicas por parte das Comunidades Autónomas no caso de que estas entraran en niveis superiores de risco, tal e como menciona o dito protocolo no seu punto 3.1.1.
Un saúdo
A Dirección

Día non lectivo

O vindeiro luns 16 de maio foi concedido como día NON LECTIVO.

Polo tanto, non haberá clase nin o luns 16 nin tampouco o martes 17 por ser  festivo na nosa Comunidade Autónoma ( Día das Letras Galegas)

 

O CEIP A GANDARA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O DÍA 2 DE MAIO CONMEMÓRASE O DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR. 

Dendo o CEIP A GÁNDARA o alumnado do 3º ciclo participou nuns obradoiros contra o Acoso Escolar e tamén participaron nun concurso de fotografía para concienciar sobre o acoso escolar. 

O alumnado de 6º B resultou premiado como fotografía seleccionada para protagonizar e promover os obradoiros fronte o acoso escolar do vindeiro curso. 

PARABÉNS para o noso alumnado. 

Sen dúbida foi unha alegría recibir este recoñecemento e ter a visita da nosa alcaldesa Marian Ferreiro e da nosa concelleira de Educación Mercedes Taibo. Fixéronnos entrega duns libros relacionados coa temática, un altavoz e un punteiro láser que sen dúbida axudarán a continuar motivados nesta loita que é de todos/as. 

 

Moitas grazas ao Concello de Narón pola iniciativa e ao noso alumnado e profesorado polo seu bo facer. 

Deixamos aquí unhas imaxes do día de hoxe e un enlace á páxina do concello por se queredes botar unha ollada. 

CEIP A GÁNDARA - CONCELLO DE NARÓN

 

 

 

e esta foi a nosa imaxe GAÑADORA:

 

Congreso Educación Viaria

No anexo tedes unha invitación ao Congreso de Educación Viaria organizado polo Concello, así como información sobre o mesmo, por se vos interesa asistir.

DIA DO LIBRO

Intercentros 2022

Xa podedes ver a exposición de murais que fixemos para o certame Intercentros deste ano, xunto cos dos outros colexios de Narón.

Lugar: Pazo da Cultura

Cando: ata o 10 de maio

BOLSAS NEAE

 

 Prevese que as  bolsas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo saian a partir do mes de maio. As familias que estean pendentes delas teñen máis información neste enlace da web do Ministerio

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut