Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquí  tedes información sobre as actividades que organiza a ANPA A Buxaina para este curso 2022-23.  Para iso debedes inscribirvos no formulario do enlace.  Só tedes que clicar, encher e enviar.  Na asemblea que convocaremos en breves aportaremos maior información e aclararemos dúbidas.

https://forms.gle/BEnZz5os6r1CSrKq7

 

Escola de Kárate

Xa están as solicitudes para a inscripción ás clases de karate que comezan o vindeiro día 12 de septiembre, no horario habitual. No enlace  só hai que clicar, encher e enviar .Aí tedes , tamén, máis información.

https://forms.gle/KViqUK5nVQB6UT2EA

Un saúdo

4º Ed infantil (3 anos). Periodo adaptación

No colexio tedes á vosa disposición como será o periodo de adaptación en 3 anos (4º Ed. Infantil).

Podedes consultalo nas aulas, onde saberedes en cal delas vai ir o voso fillo/a e en que horario.

O día 8 de setembro entrarán en 3 grupos, a diferentes horas con pouco alumnado en cada aula. Os pais/nais estades convidados para estar acompañalos durante ese tempo.

Lembrade traer o material escolar ese día, para entregarllo ás titoras.

Benvid@s ao cole da Gándara!

Almorzos 2022-23

Informamos ás socias e socios da ANPA e á comunidade escolar que estamos a negociar o prezo dos almorzos para este curso, xunto coas ANPAS do Feal, A Solaina e o Virxe do Mar, e a empresa Eurest quere impor unha incremento do prezo de entre o 25 e o 50 %. Isto non é todo, porque as condicións que nos esixen non as cumprimos a maioría dos coles.

Estamos solicitando presupostos a outras empresas.

https://www.lavozdegalicia.es/.../0003_202209F1C6996.htm

 

O servizo de almorzos comezará o luns 12 de setembro. Pregamos ós que realizaron a solicitude sin indicar a data na que comenzarán a usar o servizo, que nos infomen canto antes. Non se poderá utilizar o servizo sen entregar previamente a solicitude.

 

Lembramos que o horario de almorzos é de 7:30 a 8:30 horas.

 

 

 

 

 

 

 

Comedor. Alerxias

O comedor dará comezo, xunto co colexio,  o vindeiro 8 de setembro.
 Dende aquí pregamos que nestes días confirmedes  canto antes se os vosos fillos/as van quedar a xantar e que días, para poder organizarnos do mellor xeito posible. Lembrade que temos que facer a previsión de menús o día anterior. AVISADE NAS TITORÍAS E TAMÉN AO COLEXIO POR TELÉFONO OU POR MAIL.

Tamén pedimos que entreguedes ao colexio ( en persoa o por email) o INFORME DE ALERXIAS do neno/a, TANTO SE SON USUARIOS DE COMEDOR COMO SE NON  O SON (podedes aproveitar a ocasión cando traiades o material ás titoras). O precisamos tanto para incluilos no programa Alerta Escolar como para enviar á empresa de cáterin.

DATAS DE ENTREGA DE MATERIAL E RECOLLIDA DE LIBROS EN PRESTAMO

CURSO

ENTREGA DO MATERIAL

Todo infantil

O alumnado o entregará ás titoras o primeiro día que inicien o curso.

1º de primaria

Día 6-09-22 (martes) 10:00 a 11:00 nas aulas (libros e materiais)

2º de primaria

Día 6-09-22 (martes) 10:00 a 11:00 nas aulas (libros e materiais).

Reunión coas familias no ximnasio ás 11:15.

3º de primaria

Día 5-09-22 (lunes) 9:00 a 11:00 (materiais e libros do primeiro trimestre)

4º de primaria

Día 5-09-22 (lunes) 9:00 a 11:00 materiais nas aulas.

Día 6-09-22 (martes) 9:00 a 11:00 recollida de libros na aula de música.

5º y 6º de primaria

Traerán o material o primeiro día de clase.

*En 3º de primaria avisarase da data de entrega dos libros de préstamo cando os teñamos dispoñibles por parte da editorial (aínda non chegaron ao centro).

Almorzos ANPA

Xa podedes solicitar o servizo de almorzos para o curso 2022-23. Tedes que encher o formulario e envialo ó correo da ANPA (anpabuxaina@hotmail.com).
O PRAZO VAI DENDE HOXE, 18 DE XULLO, ATA O 18 DE AGOSTO. (podédesvos apuntar logo desta fecha, dende logo, isto é para poder nos calcular a cantidade de usuarios para o convenio e negociar o prezo final).
O horario será de 7:30 a 8:30, para os que almorcen, e ata as 8:45 para os que non o fagan. O prezo é o mesmo para todos.

Tamén podedes acceder ó formulario mediante este enlace:
https://drive.google.com/file/d/1A7ZCbYhU82KEOhyFnu6-2T6TqDOB59jQ/view?usp=sharing

O formulario énchese directamente. Hai que descargalo, cubrilo e envialo por correo. Non hai que imprimilo.

Listas definitivas de comedor

Publicadas as listas definitivas de comedor.
NON hai cambios con respectos ás anteriores.

Todo o alumnado que solicitou fóra de prazo queda en lista de espera por orde de presentación da solicitude.

Listas comedor

Publicadas as listas de admitidos ao comedor.

Podedes consultar no taboeiro de dentro do colexio

Distribuir contido


by Dr. Radut