Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Mandatos do meco

Empeza o entroido!

 

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2023

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

O pasado luns, 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e a Non violencia. Este ano desde Convivencia propuxemos unha actividade lúdica co lema “Lanzamos mensaxes de Paz”. Cada grupo traballou este tema na súa clase e plasmaron as súas reflexións nunha pequena táboa. Unimos todos estes propósitos baseados no respecto e a concordia e o entendemento entre todas as persoas. Finalizamos cun acto de lanzamento de farois nos que ían representados de xeito simbólico unha morea de desexos de Paz e coa esperanza de que cheguen moi lonxe e se cumpran. Desfrutamos dun bonito día. Aquí vos deixamos unha mostra.

       

       

Menús febreiro 2023

XORNADAS PORTAS ABERTAS

 María Julías

Visitas ao IES Terra de Trasancos

O vindeiro luns, o alumnado de Ed. Primaria visitará o IES Terra de Trasancos en horario escolar.

 

O IES tamén celebrará unha xornada de portas abertas o día 30 de xaneiro ás 16:30 horas,  para que as familias poidades coñecer dito centro educativo. Dende o colexio animámosvos a asistir. 

 

Nadal no CEIP A Gándara

"Ponte no meu lugar...."

 Con motivo da conmemoración do día Internacional das persoas con discapacidade, desde Convivencia planificouse un xogo de rol: 

“Ponte no meu lugar", para realizar durante esa semana. Trátase de potenciar o desenvolvemento da empatía, a aceptación das diferenzas e a toma de conciencia das barreiras e limitacións que as persoas con diversidade funcional poden atoparse no seu día a día. A través desta actividade tamén se pretende acadar unha reflexión persoal e individual sobre a discapacidade que nalgún momento pode afectarnos a nós ou ao noso entorno. O alumnado de 6º de Educación Primaria participou de xeito moi satisfactorio dirixindo as actividades propostas nas distintas estacións e polas que foi rotando o resto do alumnado do Centro, o que lles supuxo sen dúbida unha grande aprendizaxe. Pasámolo moi ben!

Menús xaneiro 2023

Menús xaneiro 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut