Estimadas familias:
Este ano estamos elaborando un Plan Estratéxico de Mellora (PEM) no noso centro. Para poder avaliar as necesidades, fortalezas e opcións de mellora precisamos a vosa colaboración. Para iso, deixámosvos aquí este enlace que vos levará a un cuestionario anónimo no que se recollerá a vosa opinión sobre aspectos do centro. Rogamos participedes pois é moi importante para facer unha análise fiable dos datos.
Tedes de prazo ata o venres día 10 de marzo.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdiSz5VwW8XONTF1xmXxykJH5xJsXFLKOHGimbkm47Y1ZkQNQ/viewform?usp=sf_link
Moitas grazas pola vosa colaboración