Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

O CEIP A GANDARA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O DÍA 2 DE MAIO CONMEMÓRASE O DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR. 

Dendo o CEIP A GÁNDARA o alumnado do 3º ciclo participou nuns obradoiros contra o Acoso Escolar e tamén participaron nun concurso de fotografía para concienciar sobre o acoso escolar. 

O alumnado de 6º B resultou premiado como fotografía seleccionada para protagonizar e promover os obradoiros fronte o acoso escolar do vindeiro curso. 

PARABÉNS para o noso alumnado. 

Sen dúbida foi unha alegría recibir este recoñecemento e ter a visita da nosa alcaldesa Marian Ferreiro e da nosa concelleira de Educación Mercedes Taibo. Fixéronnos entrega duns libros relacionados coa temática, un altavoz e un punteiro láser que sen dúbida axudarán a continuar motivados nesta loita que é de todos/as. 

 

Moitas grazas ao Concello de Narón pola iniciativa e ao noso alumnado e profesorado polo seu bo facer. 

Deixamos aquí unhas imaxes do día de hoxe e un enlace á páxina do concello por se queredes botar unha ollada. 

CEIP A GÁNDARA - CONCELLO DE NARÓN

 

 

 

e esta foi a nosa imaxe GAÑADORA:

 



paxina_eq | by Dr. Radut