Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

NOVO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o proceso electoral para renovar parcialmente os sectores de pais e de profesorado, publicamos a nova composición do Consello Escolar.

 

Distribución de máscaras ao alumnado

Instruccións para o reparto de máscaras ao alumnado ( orde do 28 de outubro de 2021).

Dende Consellería nos din que no anexo I da solicitude, publicado no Diario Oficial de Galicia, omitiuse o campo relativo aos datos do alumnado para o que se solicita a axuda.

Tendo en conta o breve prazo de presentación de solicitudes, esta información pódese incluír na cabeceira da solicitude, tal e como se indica no anexo que se achega.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Aquí tedes a información relativa ás eleccións ao Consello Escolar, o calendario e a documentación para presentar as candidaturas.

Menús novembro

De paso queremos lembrarvos que evitedes entrar no recinto escolar. Se alguén ten unha causa xustificada para recoller ao seu fillo/a no comedor antes da hora habitual de saída, por favor que avise previamente no correo do colexio e volo acercamos á porta. Grazas pola vosa colaboración.

 

SAMAÍN 2021

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Trala publicación no DOG o pasado 29 de setembro a Resolución pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións nos Consellos Escolares, cómpre publicar  esta circular coa que se dá inicio a dito proceso.

Actividades extraescolares

Este é o cadro das actividades que xa teñen grupo.

Para o resto aínda hai prazas e podedes apuntarvos.

Días non lectivos

Lembramos que o vindeiros luns 11 de outubro e martes 12 de outubro constan no calendario escolar como días NON LECTIVOS. Polo tanto o Centro permanecerá PECHADO.

Vémonos de novo o mércores 13.

RECORDATORIO COMEDOR

Hoxe queremos lembrarvos e pedirvos algunhas cousas.

. Avisade ao CENTRO ESCOLAR e máis ás TITORAS se os nenos quedan ou non no comedor, ANTES DAS 9:30 h.

. Lembrar aos usuarios que aínda non trouxeron a AUTORIZACIÓN PARA O COBRO e as normas firmadas, que o traian  URXENTEMENTE. Témolo que enviar canto antes á empresa de cáterin.

. No punto 3 de ditas normas, no que dicía que ían cobrar no mes en curso, dende a empresa aseguráronnos que van cobrar A MES VENCIDO, tal e como sempre fixeron.

. O alumnado de 3 e 4 anos pode traer unha muda na mochila por se teñen algún "escape" durante o servizo. Así, as monitoras poderían cambialo.

. Evitade, na medida do posible, a entrada no recinto escolar, tal e como facemos polas mañás.

Moitas grazas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut