Aprendemos a aprender

Como estudar sen pensar que estás a estudar - Santiago Moll

- Estudar de pé. Se algo recordo da miña época de estudante son as horas que pasei estudando de pé. O certo é que se trata dunha forma de estudar que cada vez recomendo máis aos alumnos e ás familias. Estar de pé rebaixa a ansiedade que moitas veces provoca estar sentado diante duns apuntamentos. É moi recomendable que o alumno estea uns minutos sentado para intentar reter a máxima información posible e logo se poña de pé e, mentres vai camiñado, repase mentalmente aquilo que se preparou durante o tempo que permaneceu sentado.

- Cronometrarse. Outro dos problemas que sofren moitos alumnos á hora de estudar é a pésima xestión que fan do tempo. De aí que sexa tan importante que se esixan mesmos un tempo limitado para aprenderse o que sexa preciso. Neste sentido é moi útil utilizar un cronómetro -hoxe en día moitos móbiles lévano incorporado- para fixar o tempo que necesito para aprenderme algo. O alumno debe cronometrar tanto o tempo que necesita para estudarse algo coma o tempo que necesita para demostrarse a si mesmo que o sabe. Trátase de ir fraccionando o tempo de estudo para que deste xeito haxa un tempo para memorizar e outro tempo para demostrar que aprendiches o que memorizaches.

- Usar un encerado. Outro método moi útil para o estudo consiste en que os alumnos teñan na súa casa un pequeno emcerado. É un instrumento tremendamente útil porque lles permite cambiar de rol e pasar de ser estudantes a ser profesores. Algúns dos meus alumnos están a estudar desta forma e comentáronme que lles funciona moi ben. Os alumnos copian no encerado os conceptos, definicións, exemplos a estudar. Ao escribilos, o que fan é fixar as palabras na memoria, é dicir, traballan a memoria visual. Pero ademais de traballar a memoria visual falan ou recitan en voz alta a lección e tamén axuda e moito a fixar os contidos. Ademais, cando se falan a si mesmos están a explicar aquilo que entenderon, en lugar de memorizalo. Lograr que aprendan a explicar o que aprenderon en lugar de memorizar o que aprenderon, permitirálles reter o aprendido durante máis tempo e impedirá que se bloqueen o día dunha proba ou exame se non lles vén á cabeza algunha palabra dunha definición, por exemplo.

- Facer listas. Non entrarei neste capítulo sobre a importancia de subliñar as palabras clave dun texto ou elaborar diferentes tipos de esquemas como os Esquemas de Caixas ou os Esquemas de Columnas. Tanto subliñar coma facer esquemas é unha magnífica forma de estudar, se non a mellor, porque convertemos o estudo en algo mecanizado, en algo procedemental. Ademais ten a vantaxe de que son dous tipos de Técnicas de Estudo nas que o alumno é consciente de cando empeza e de cando remata. É por iso que a elaboración de listas, ir escribindo os conceptos e as palabras clave da unidade é algo que podemos facer dunha forma mecanizada e repetitiva para que se nos vaia fixando pouco a pouco na memoria.

- Facer preguntas. Outro método que adoita funcionar aos alumnos é facerse preguntas sobre aquilo que van aprendendo. Do que se trata é que as primeiras preguntas que se fagan a eles mesmos sexan preguntas pechadas, é dicir, que se respondan cun si ou un non. E a continuación poden aumentar o nivel de dificultade e pasar ás preguntas abertas. A resposta a estas preguntas son as que lle servirán para estudar sen ter que memorizar. É importante que as respostas se escriban nun papel ou se digan en voz alta para que tamén queden fixadas na memoria.
Render contas. Sempre lles digo aos meus alumnos que non deben esperar ao día dunha proba para demostrarse se aprenderon aquilo que estudaron. É por iso que lles recomendo que unha vez crean que finalizaron o estudo fagan que outra persoa se converta no seu examinador. Neste sentido a axuda de pais e irmáns resulta tremendamente útil e non implica un investimento de tempo por parte das familias. É o alumno o que realiza o estudo de forma individual e en solitario, pero creo que é francamente útil que o alumno renda contas do que estudou para unha proba a algún familiar. Desta forma saberá se está ou non preparado para a proba ou cales son os seus puntos débiles nos que debe insistir.

- Escribir para aprender. Naqueles alumnos cun déficit importante de atención é conveniente o uso da escritura para o estudo. Ao ser incapaces de estar fronte a unha folla e aprenderlla, do que se trata é de que vaian copiando unha e outra vez aquilo que é pertinente do tema. A escritura convirte ao estudo nunha actividade mecánica, nunha actividade pautada permite que aumentar a atención e a concentración e así traballar de forma mecanizada a memoria visual.

Being creative

Distribuir contido