A profe Carmen trouxo un robot de cociña que fai de comer case case so. Explicounos un pouco como funcionaba e ale... púxemonos mans á obras nun chiscar de ollos:
Pinchade nas imaxes para agrandalas
Limpamos un pouco os froitos por fóra.
A profe colleu un coitelo grande e quitoulles a pel, cortounos en anaquiños e déunolos a probar... non volos recomendamos nada nadiña.
Aquí están os cinco aínda que non o pareza.
Tamén pelou dous limóns que colleu con Marta na Área da Natureza.
Ao rematar, limpamos a mesa e puxemos todos os ingredientes á man.
A profe amosounos os mandos do robot.
E enchémolo entre todas/os.
Tamén botamos os limóns.
E a máquina ela soa bateu todo xunto.
Nese momento engadímoslle o azucre.
Ao final semellaba unha papilla como as dos bebés.
So quedaba programar o robot para que quentase e cociñase a mistura.
Mentres agardabamos deunos tempo a colorear os debuxos de todo o que usamos e incluso a poñerlles o nome completando as letras que faltaban e a ordenalos con números.
E aquí o tedes. Non se parece en nada á papilla que a profe puxo a cocer, a que non ?
So nos faltaba unha cousa... encher os táper para que collese a forma e enfriase a modo antes de metelos na neveira.