Inglés, Videotales

Arte en inglés para crianzas

in

Ofrézovos estas dúas páxinas que atopei navegando pola rede. Nelas tedes proxectos artísticos moi interesantes para aprender artes plásticas e inglés ao mesmo tempo. Pinchade nas imaxes para acceder.

Se vos decidides a facer algúns das propostas non dubidesdes en enviarnos as fotos: ceip.refoxos@edu.xunta.es

Irémolas publicando na vosa-nosa web.

 

 

 

O ciclo da auga na área de inglés

in

 Os dias  19 e 20 do mes de Xaneiro, mércores e xoves respetivamente, os nenos/as do segundo ciclo do CEIP Refoxos, traballaron o ciclo da auga na área de Inglés como contido transversal.

 

A profesora debuxou na pizarra varios elementos naturais e escribiu ó seu caron cadanseu nome en Inglés.

 

 

A continuación, a mestra nomea cada elemento  e os nenos/as repiten as novas palabras  varias veces para conseguir interiorizar o novo vocabulario.

 

De seguido,  a profesora vai sinalando os diferentes debuxos ó tempo que nomea a diferentes alumnos para que digan en voz alta os nomes dos elementos  da pizarra.

 

Despois a  profesora escribe un número ó lado de cada debuxo. Desta maneira, si a profe di un número, os alumnos terán que dicir o nome do elemento natural e, viceversa, si a profe di  algún número, eles terán que dicir o seu número correspondente. A actividade se repite varias veces cada vez máis rápido.

 

Unha vez que os alumnos/as teñen xa interiorizado o novo vocabulario, faise unha chuvia de ideas sobre o que saben do ciclo da auga. Unha vez tódolos alumnos/as aportan as súas ideas, a partir delas  a profesora explica o ciclo da auga e logo os nenos/as intentan coa axuda da mestra, elaborar unha explicación do ciclo utilizando expresións e palabras en inglés.

 

Finalmente, se lle entrega aos alumnos/as  unha ficha para praticar os contidos traballados na case.

 

No primeiro exercicio aparecen catro imáxenes que ilustran os diferentes momentos do ciclo da auga e eles/as teñen que numeralos por orde lóxica.

 

Por último, o segundo exercicio consta dun texto en inglés no que se explica detalladamente o ciclo da auga e os alumnos/as terán que completar os ocos en branco coas palabras de vocabulario traballadas na clase.

 

En resumo, a actividade foi altamente motivadora para os rapaces/as polo seu contido natural e a súa relación coa lingua inglesa no desenvolvemento do traballo.

Distribuir contido