Logopedia, Trabalinguas

Áreas de traballo en logopedia

Consellos para coidar a voz

- Manter unha boa hixiene de boca e nariz, tratando os arrefriamentos e os problemas alérxicos en canto se presenten.
- Durmir e descansar o suficiente.
- Evitar o tabaco e o alcohol
- Atender canto antes infeccións respiratorias e alergicas
- Consultar a un médico se temos síntomas de refluxo gástrico
- Beber abundante líquido durante todo o día e especialmente cando temos que falar durante moito tempo.
- Respectar o repouso vocal horario (15 minutos cada hora de fala seguida. Repousa a voz despues da xornada laboral. Repousa na fin de semana)
- Evitar berros, ruídos, imitacións coa voz e usala continuamente se non ten adestramento.
- Evitar esforzos de voz durante o exercicio físico.
- Evitar carraspear e tusir continuamente para aclarar a garganta.
- Manter a gorxa relaxada cando comecemos a falar.
- Non falar coa boca semipechada.
- Evitar ambientes ruidosos que obriguen a elevar o volume.
- Evitar ambientes cargados e tóxicos (fume, disolvente, po..)
- Usar humidificadores en ambientes secos (calefacción, aire acondicionado...)
- Manter a postura axeitada, sen forzar os músculos.
- Evitar o estrés.

 

 

Letras C e T

Letras B e V

Distribuir contido