Lingua de signos

LSE: Saudar e preguntar

Pincha na imaxe

Gramática da lingua de signos

 

MORFOLOXÍA

 - Artigo. Non existen artigos. Por exemplo, Quedamos ás seis: NÓS-CITA-HORA-SEIS

- Substantivo. Os substantivos se signan segundo a súa forma (ex. botella), segundo a súa función (ex. batedor), segundo o seu manexo (ex. utilízanse signos distintos para indicar a baixada dunha xanela de manivela ou automática), segundo unha parte significativa (ex. lámpada) ou sinalándoo directamente (ex. ollos).

- Verbo. Os verbos se signan facendo referencia primeiro ao tempo correspondente (utilizando o signo pasado para pasado, HOXE para o presente [se non indicamos o tempo tamén se entende que se trata de presente] e FUTURO para futuro), e a continuación signando o verbo. Por exemplo, eu comín: EU-PASADO-COMER.

- Adverbio. Os adverbios adoitan colocarse ao final da frase complementando o significado do verbo ao que acompañan. Por exemplo, A miña casa está preto: CASA-MIÑA-PRETO.

- Adxectivo. Os adxectivos colócanse detrás do nome ao que acompañan indicando unha calidade destacade deste. Por exemplo, A casa é branca: CASA-BRANCA.

- Pronome. Os pronomes son fundamentais para saber quen realiza ou recibe a acción, colocándose ao inicio desta. Por exemplo, El ven ás oito: EL-HORA-OITO-VIR.

- Preposicións. Utilízanse algunhas preposicións (con, contra, ata para, por, sen) pero o seu uso adáptase á estrutura da lingua de signos. Por exemplo, Quero un café sen azucre: EU-QUERER-CAFÉ-AZUCRE-SEN.

- Conxuncións. Algunhas das conxuncións que se utilizan son as causais (ex. porque), consecutivas (ex. logo), comparativas (ex. tan... como) e copulativas (ex. e), pero o seu uso adáptase á estrutura da lingua de signos. Por exemplo, Puxen o abrigo porque teño frío: EU-ABRIGO-POÑER-MOTIVO-FRÍO-HAI.

- Interxeccións. As interxeccións maniféstanse coa expresión da cara e movementos xestuais.

- Xénero. O xénero normalmente só se manifésta cando se trata dun substantivo feminino, entendéndose como masculino cando non é especificado. Exprésase co signo HOME ou MULLER acompañando ao substantivo. Por exemplo: A miña irmá é guapa: O MEU-IRMAN-MULLER-GUAPA.

- Número. Podemos expresar o plural de tres formas distintas: repetindo o mesmo signo, co uso das dúas mans para o plural e unha para singular ou engadindo a continuación do signo cuantificadores definidos (dous, oito) ou indefinidos (moitos, algúns).

 

SINTAXE

A sintaxe estuda a relación das palabras entre si para construír unha oración. Na LSE a relación entre os signos organízase seguindo a orde cronolóxica dos acontecementos. Por exemplo, Mercareiche un xeado despois de comer: TI-COMER-FIN-DESPOIS-EU-XEADO-COMPRAR.

- Relación de causalidade. Cando dúas oracións están relacionadas causalmente, utilízanse os signos PORQUE, MOTIVO, POR, CULPA. Por exemplo, Estou mareada porque bebín: EU-MAREAR-MOTIVO-BEBER.

- Relación de consecuencia. Non hai ningún signo específico para explicar a consecuencia dunha acción, pero podemos utilizar o signo POR ISO. Por exemplo, O exame está mal, repíteo: EXAME-MAL-POR ESO-TI-REPETIR.

- Relación de contraste. Para expresar relación de contraste entre dúas oracións, utilízanse os signos PERO, IGUAL, QUE. Por exemplo, Gosto dese coche pero é moi caro: ESE-COCHE-EU-GOSTAR-PERO-CARO.

- Relación condicional. A partícula condicional "se" da lingua oral represéntase co signo EXEMPLO. Por exemplo, Se gaño o premio compro un coche: EXEMPLO-EU-PREMIO-GAÑAR-COCHE-COMPRAR.

- Relación de finalidade. Utilízanse os signos PARA ou PARA QUE. Por exemplo, Para que viñeches?: TI-VIR-PARA-QUE?

 

SEMÁNTICA

A lingua de signos é un sistema simbólico signado manual. Os signos manuais son unidades con significado. A relación entre a palabra ou o signo da LSE pode ter unha relación máis ou menos próxima ao concepto que representa. Noutras palabras, pode existir unha relación motivada, intermedia ou arbitraria.

- Signos motivados: cando teñen relación co obxecto ao que representan. Dalgún xeito copia a realidade. Por exemplo o signo CASA representa a forma do tellado dunha casa. O signo COCHE representa a forma do volante dun coche.

- Signos Icónicos: Parécense nalgún sentido ao que representan.
Reproducen a forma
Reproducen o movemento
Reproducen unha relación espacial

- Signos deícticos: son signos que sinalan. Toma a persoa que signa como punto cero das coordenadas espazo-temporais.

Deícticos índices persoa

Deícticos índices tempo: na lingua de signos o tempo exprésase en relación co corpo do interlocutor.

        O tempo presente: cando non se indica outro momento temporal os signos realizados ante o corpo enténdense no presente.

        O tempo pasado: exprésase dirixindo a man dereita cara a atrás por enriba do ombro.

        O tempo futuro: exprésase cun movemento da man cara diante.

Deícticos iconas: son signos que sinalan determinadas partes do corpo co dedo índice da man dereita.

- Signos intermedios: cando teñen algo de motivado e á súa vez algo de arbitrario. Chámanse signos motivados de segundo grao. Son signos baseados no alfabeto dactilológico. Formados por articulacións rápidas de palabras moi breves a través da súa correspondente letra no alfabeto dactilológico.

- Signos arbitrarios: cando non teñen ningunha relación co obxecto ao que representa. Non existe ningunha motivación visual e ese signo utilízase porque os usuarios da LS o acordaron así, a través de acordos académicos na Confederación Nacional de Xordos de España. Deben aprenderse. Por exemplo o signo da cor AZUL non representa ningunha calidade da cor azul.

 

 Pincha na imaxe.

 

As cores

Preguntando en LSE

Distribuir contido