Responder ó comentario

Unha persoa

- Creatividade: é a habilidade para xerar e comunicar ideas orixinais e apreciar o bonito da natureza. Ten que ver coa imaxinación, a innovación e o sentido estético. Ten que ver con ?pensar máis aló?, asumir riscos?

 

- Empatía: é a habilidade de recoñecer, sentir e responder as necesidades e sufrimentos doutros. Preocuparnos por outros máis aló que por nós mesmos creando relacións sinceras entre eles.

 

- Curiosidade: é a habilidade de buscar e atopar novas fontes de coñecemento e formas de coñecer o mundo. É o que motiva aos nenos a parender e a seguir aprendendo durante a súa vida. A curiosidade axuda o pensamento critico, o razoamento? e é o que non se debería matar nas escolas.

 

- Buscar recursos: cando os nenos buscan e atopan os distintos recursos que necesitan para conseguir o que necesitan, resolver un problema? Ten que ver con organizacion, ter obxectivos, pensamento estratético?

 

- Habilidade social: é a habilidade de conectar con outros. Derivada dunhas habilidades sociais que axudan aos nenos para entender e expresas os seus sentimentos e comportamentos de maneira que faciliten relacións positivas, incluíndo escoitar, regularse, comunicarse?

 

- Integridade: É a habilidade de actuar de forma consistente con valores, crenzas, principios morais que queremos manter. É coraxe, honestidade e respecto. Facendo o correcto aínda que non estea ninguén mirando.

 

- Coñecerse: a habilidade de examinar e comprender o que somos no mundo que nos rodea. Estimulamos isto nos nenos en conversacións reflexivas acerca de valores, crenzas, actitudes e dilemas morais. Cando lles animamos a entender e atender os seus yos intelectuais, emocionais, sociais, ? lles hacesmos saber que valoramos todo o seu potencial humano.

 

- Resiliencia: a capacidade de crecerse fronte á adversidade e sobrepoñerse a retos con virutdes como persistencia, iniciativa e determinación.

 

Responder

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.