Skip to Content

Novas

RECOLLIDA DE MASCARAS

Xúntase cadro do horario para a recollida das máscaras, así coma dun modelo de autorización se fose preciso, para o alumnado beneficiario por recibir a axuda para material escolar, tal como reflicte a Orde do 6 de novembro de 2020.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Unha vez máis, a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos implícase na campaña institucional que promoven as diferentes administracións, entre elas o concello de Brión, con motivo do 25 de novembro "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", na procura dunha sociedade máis xusta, máis libre, máis igualitaria e que traballa a diario para rematar con esta outra pandemia que é a da violencia de xénero.

Por eso, un ano máis, decimos alto e claro: contra as violencias machistas, EDUCACIÓN

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

Tal e como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21, será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso non terá que formalizar ningunha solicitude.

ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO

Informamos ás familias que solicitaron o cambio do seu correo electrónico “xxxx@edu.xunta.gal”, que o deben facer a título persoal entrando na aplicación https://www.edu.xunta.es/datospersoais/ , xa que o centro non está autorizado a modificalo. Se teñen dúbidas, poden consultar no teléfono 881 997 701 da UAC (Unidade de Atención a Centros).

Así mesmo recordar que no caso de cambio de domicilio, e tal coma se pedía na folla de Actualización de Datos, teñen que aportalo á maior brevidade posible no centro.

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E-Dixgal, Curso 2020.

 

 

Cada ano, ao comezar o curso, faise unha reunión informativa para as familias de alumnado que cursa 5º ou 6º de Primaria no noso centro. Como ben sabedes, nestes niveis non se dispón de libros de texto senón que fan uso do proxecto E-Dixgal.

MOI IMPORTANTE!!! Modificación nos Horarios.

A partir do vindeiro luns 19 de outubro, amplíanse as prazas de comedor escolar e pasamos a contar con dúas quendas de comedor.

Esta situación implica cambios no horario lectivo e nas saídas despois do período lectivo, así como no transporte escolar.

NOVAS COMEDOR ESCOLAR

No día de hoxe recibimos por escrito, a aceptación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería para que o Concello de Brión poña a disposición do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos os monitores necesarios para poder aumentar o número de usuarios/as do servizo de comedor.

Debido ás dificultades que temos agora para reorganizar o servizo de novo, precisamos duns días para poñer todo en marcha: comensais, quendas, distribución do comedor, saídas, etc.

Polo tanto, é previsible que o luns 19 de outubro comence a funcionar o comedor con todos estes axustes feitos.

ORGANIZACIÓN CENTRO CURSO ESCOLAR 2020 - 2021

Pedimos disculpas de antemán polo retraso á hora de informar sobre a organización do centro neste comezo de curso.

A incertidume sobre moitos dos aspectos da organización do centro, non nos permitiu poder ofrecervos nada máis.

Adxuntamos unha breve presentación para ir organizando o inicio do curso escolar. Estas indicacións, poden verse afectadas por novas instrucións ou por motivos de organización do centro.

Lembrade que o día 10 de setembro iniciase o curso para 4º e 5º de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. O venres 11 de setembro, farao 6º de infantil, 4º, 5º e 6º de primaria.

INFORMACIÓN CURSO 2020-21 (Resumo Protocolo COVID)

CEIP Plurilingüe de PEDROUZOS

Pedrouzos, s/n. 15865 Brión.

Distribuir contido


by Dr. Radut