Skip to Content

NOVAS COMEDOR ESCOLAR

No día de hoxe recibimos por escrito, a aceptación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería para que o Concello de Brión poña a disposición do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos os monitores necesarios para poder aumentar o número de usuarios/as do servizo de comedor.

Debido ás dificultades que temos agora para reorganizar o servizo de novo, precisamos duns días para poñer todo en marcha: comensais, quendas, distribución do comedor, saídas, etc.

Polo tanto, é previsible que o luns 19 de outubro comence a funcionar o comedor con todos estes axustes feitos.

A Dirección.

 

 



page | by Dr. Radut