Skip to Content

Novas

Faladoiro Presentación Plan de Convivencia EDUCA BONITO

 

Temos a ledicia de comunicar que o próximo luns 17 de Xaneiro ás 18.00h, terá lugar o faladoiro de presentación do Plan de Convivencia Escolar EDUCA BONITO.

 

Trátase dunha xuntanza ON-LINE organizada polo ANPA, na que contaremos coa experta en Disciplina Positiva, María Soto, que nos compartirá en qué consisten as accións formativas que inclúe o Plan, dirixidas tanto a familias coma docentes. 

 

O propósito do Plan é aportar ferramentas educativas baseadas nas últimas evidencias científicas, que nos axuden no noso día día na educación das nosas fillas e fillos. Ferramentas que se poden empregar tanto nas aulas como na casa. A intención é ofrecer á comunidade do centro recursos compartidos para que as rapazas e rapaces poidan medrar nun ambiente de equilibrio, no que se teñan en conta todas as sensibilidades e necesidades dos seus membros, e deste xeito, todas as persoas que forman parte da "familia" do colexio, poidan atopar o seu lugar para aportar, construir e disfrutar desta etapa tan importante.

 

Deixamos en arquivos adxuntos a información do Plan con detalle. Poderedes acceder a través da plataforma ZOOM facendo clic neste enlace .

 

O acceso é de balde. Terá unha duración de unha hora, máis uns 15 minutos nos que poderemos tratar en aberto as cuestións que queirades preguntar.

 

Agardamos que sexa de utilidade para vos!

 

Saúdos!

 



Actualización da Situación COVID no CEIP de Pedrouzos

 Prezadas familias:

 Informamos que a Consellería de Sanidade acaba de comunicarnos que debido á situación tan complicada na que se atopan nestes momentos non é posible realizar o cribado masivo que tiñan previsto facer no noso centro.

 Polo tanto, infórmannos que todas/os as/os que queirades facer unha proba podedes pasar por algún destes lugares:

Área Sanitaria de Santiago - A Barbanza

Hospital Clínico Universitario de Santiago

(Hoxe é o último día)

Exterior Planta -3 (zona laboratorios).

Xoves  24,  (de 15:30 as 19:00h)

Auditorio Vidal Bolaño

(Campus Sur USC)

Todos os días de 14:00h a 20:00h

Hospital da Barbanza

Xoves  24,  de 15:30 as 19:00h

A partir do día 26  de 15:30 ás 20:00h

Agardamos que comprendades as dificultades da situación e que teñades claro que esta decisión non ten nada que ver co CEIP de Pedrouzos;

xa que, pola nosa parte, procuramos por todos os medios que o cribado se realizara o máis axiña posible.

Coidádevos moito e BO NADAL.

DIRECCIÓN

* Informamos tamén que a situación no centro a día de hoxe é a de 57 casos positivos confirmados.

Enquisa de Plan TICS. (Só alumnado de 5º e 6º).

https://eva.edu.xunta.gal/course/view.php?id=1000031150

 Logo continuar e identificarse en E-Dixgal.

Por último pulsar en Facer cuestionario Selfie

 

Para dúbidas:

tics@pedrouzos.gal

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Un ano máis, no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos implicámonos na campaña que se desenvolve con motivo do 25 de novembro "DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES", na procura dunha sociedade máis xusta, máis libre, máis igualitaria e que loita contra a violencia de xénero;

Hoxe quixemos sumarnos cunha serie de accións que contribúan á concienciación entre o noso alumnado deste problema tan presente na sociedade actual. Berrando NON, escribindo NON nas nosas mans, facendo murais con esa verba. Hoxe lembramos que cando dicimos NON é NON, que ninguén ten dereito a magoar, abusar, golpear, pegar, arrastrar, tirar, bicar á forza ... que cando dicimos NON, xs agresorxs teñen que parar.

Rematemos dunha vez con todo isto.

Contra as violencias machistas, EDUCACIÓN

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2021

CANDIDATURAS NAIS/PAIS

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos fai pública a relación de nomes das/os candidatas/os que se presentan á referida elección, segundo indicamos de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- Blanco Bonjour, Andrea

2.- Ferreiro, Ferreiro, Ramón

3.- Magariños Santiago, Berta

4.- Rodríguez Vázquez, María José

5.- Rubianes Castelo, Ana

Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996) corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 nais/pais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar.

As/os outras/os representantes de nais/pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 e por designación da ANPA.

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais para o Consello Escolar, a campaña electoral comprenderá dende o 17 ao 22 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Brión, 17 de novembro de 2021

O DIRECTOR DO CENTRO E PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

AVISO URXENTE BUS ESCOLAR

Informamos que se mantén o horario de saída do transporte escolar autorizado pola Xefatura Territorial o curso pasado para os MÉRCORES, XOVES E VENRES ÁS 16:00h.

Polo tanto os horarios de saída do AUTOBÚS ESCOLAR para o curso 2021/2022 é o seguinte:

  • LUNS E MARTES ÁS 16:30h
  • MÉRCORES, XOVES E VENRES ÁS 16:00h

Desculpade pero ata hoxe pola mañá, non nos foi notificado por parte da Consellería.

A Dirección.

INFORMACIÓN PARA INICIO DE CURSO

O alumnado accederá ao recinto escolar e ás dependencias da escola, por diferentes portas, con vistas a conseguir que se respeten as distancias de seguridade e facilitar o acceso do alumnado ao centro e ás aulas.

  • O alumnado de infantil poderá acceder acompañado dun adulto.

  • O alumnado de primaria accederá só.

-ENTRADA E SAÍDA AO

LISTAXES GRUPOS CURSO 2021/22

Publícanse as listaxes dos grupos para o curso escolar 2021/22 no taboleiro interior de centro.

Poden acceder pola porta que da a Secretaría e sempre con máscara e respetando as medidas sanitarias.

Lembramos que segundo o recollido na Ley Orgánica 1571999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, NON ESTÁ PERMITIDO FACER FOTOS DAS LISTAXES PUBLICADAS NOS TABOLEIROS DO CENTRO.

A DIRECCIÓN

CALENDARIO REUNIÓNS TITORIAS DE INICIO DE CURSO 2021/22

Xúntase táboa informativa coas reunións das titorías para o curso 2021/22.

Lembren respetar as medidas sanitarias correspondentes.

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL

Publícanse datas para as reunións informativas para as familias do alumnado de infantil.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia. A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

Agardamos a vosa asistencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut