Skip to Content

Novas

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

O vindeiro luns 17 de xullo ás 12 horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará na aula de 4º de Infantil (3 anos).

Esta reunión terá lugar na biblioteca do centro.

Agardamos a vosa asistencia.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN

No seguinte arquivo poden acceder  aos criterios CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN.

CONVOCATORIA REUNIÓN PAIS/NAIS 4º ED. INFANTIL (3 ANOS)

 O vindeiro luns 4 de xullo ás 11:00h, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará en 4º de infantil (3 anos).

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen nenos/as. A reunión terá lugar na aula de psicomotricidade de infantil.

A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

Agardamos a vosa asistencia.

ALUMNADO DE RELIXIÓN - VALORES CÍVICOS E SOCIAIS

O alumnado que queira facer modificación na matrícula de Relixión Católica a Valores Cívicos ou viceversa, debe facelo en período de matrícula ata o 30 de Xuño.

En setembro non se poderá facer modificación.

MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2022-23

 PRAZO DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO

 

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.

  • Fotocopia do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.

  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.

  • Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias, se procede.

  • Enquisa uso familiar lingua.

  • Cuestionario uso da lingua.

  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

 

O horario de atención ás familias será de luns a venres de 9:30 a 13:30h.

AVISO COMEDOR ESCOLAR

Debido a problemas de suministración de produtos xurdidos nos últimos días, é probable que os menús escolares sufran variacións.

Dirección.

XORNADA PORTAS ABERTAS

cartaz portas abertas 2022O luns, día 7 de marzo, contaremos cunha xornada de portas abertas para o alumnado de novaincorporación. Para asistir, deberán confirmar a súa presenza no teléfono do centro 881866078 ou no correo electrónico ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

 

 

 

 

INFORMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 21 DE FEBREIRO DE 2022

Infórmase que no Consello Escolar Extraordinario do 21 de febreiro de 2022, apróbanse as contas do Centro e Comedor Escolar correspondentes ao exercicio do 2021.

A Dirección.

AVISO URXENTE

Debido a unha AVERÍA na LIÑA TELEFÓNICA da Consellería, o centro atópase sen comunicación por esa vía.

Prégase fagan chegar os avisos ao correo electrónico do centro   ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal.

Grazas e desculpen as molestias.

Dirección.

Enquisa sobre o Proxecto Educa Bonito.

Prezadas familias,

A ANPA Andaravía pídevos que, por favor, adiquedes uns minutos antes do día 4 de febreiro a cubrir unha breve enquisa sobre a proposta da experta en disciplina positiva María Soto, de Educa Bonito, para o noso centro. En función do que digades, explorará a posibilidade de poñelo en práctica ou non e, tamén, poderá valorar os prazos e os custos máis acaídos para a nosa comunidade educativa.

Pulsa aquí para cubrir o formulario

https://forms.gle/S63RhyBVcRfcE4Sz6

Distribuir contido


by Dr. Radut