Skip to Content

Novas

RECOLLIDA E DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES

De acordo coa RESOLUCIÓN DO 22-05-2020, DA CONSELLERÍA DE EUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL, debemos organizar a recollida de material do alumnado que xa non var ter actividade presencial no centro este curso, e a devolución de libros de texto e outros materiais que o alumnado teña nas súas casas.

NOVO HORARIO ATENCIÓN DO CENTRO

O  HORARIO DE ATENCIÓN PRESENCIAL ÁS FAMILIAS É DE 9:30h a 13:30h

No caso de acceder ao centro, e póla saúde de tod@s, é moi importante que na medida do posible, traiades máscara, luvas, e respetedes as instrucións de hixiene e distanciamento físico.

A Dirección

IMPORTANTE! REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN CURSO 2020-21

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

  Novos prazos do procedemento:

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 Seguindo as instrucións da Consellería, temos que realizar a avaliación do 2º trimestre, dándoa por pechada na data en que se decretou o estado de alarma, na que se terá en conta o traballo presencial feito ata o día 13 de marzo.

CONVOCADAS AXUDAS PARA FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR

   No día de hoxe, luns 30 de marzo, a Consellería publica unha convocatoria de axudas para as familias que teñen alumnado no servizo de comedor dos centros con xestión directa, que é o caso do noso.

   Vai dirixido ás familias do alumnado que utiliza este servizo e que ostenta a condición de gratuidade ( que polo tanto non pagan nada) e dos que por renda familiar resulta pagador de 1€.

FUNCIONAMENTO DO CENTRO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

EN CUMPRIMENTO DO REAL DECRETO 463/2020 DE 14 DE MARZO, POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA PARA A XESTIÓN DA SITUACIÓN DE CRISIS SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19, ESTE CENTRO NON ATENDERÁ PRESENCIALMENTE, ATA O FIN DO PERÍODO DE VALIDEZ DO CITADO DECRETO.

Festival entroido 2020

Este ano o Entroido xirou en torno aos "Estilos musicais". Non deixedes de visitar a galería e ver algunhas fotos dos nosos protagonistas.


SERVIZO COMEDOR

Infórmase de que nestes días, os menús están sendo modificados, debido a estar dúas persoas en cociña de baixa por enfermidade.

Moitas gracias pola vosa comprensión e colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut