Skip to Content

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 Seguindo as instrucións da Consellería, temos que realizar a avaliación do 2º trimestre, dándoa por pechada na data en que se decretou o estado de alarma, na que se terá en conta o traballo presencial feito ata o día 13 de marzo. Só son avaliables as actividades ou probas relacionados cos contidos curriculares realizadas polo alumnado ata esa data, antes da suspensión da actividade educativa.

Dadas as restricións de mobilidade nas que nos atopamos polo confinamento, só vos podemos facer chegar o boletín de notas a través da aplicación da Consellería de Educación Abalar Móbil”.

As familias que xa están inscritas no ABALAR MÓBIL recibirán automáticamente as cualificacións na data indicada.

As familias que non teñan Abalar Móbil deberán darse de alta canto antes, polo que deberedes descargar esta aplicación antes do venres 3 de abril (Ver guía de ABALAR MÓBIL).

A comunicación e publicación das notas realizarase o día 3 de abril a partir das 18 horas a través de ABALAR MÓBIL.

A DIRECCIÓN

 

Para descargar podes acceder directamente cun lector de códigos QR.

Enlace á paxina Abalar Móbil

Guía para darse de alta

AdxuntoTamaño
guia-mobil-familias-galego_0.pdf1.74 MB


page | by Dr. Radut