Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

Tal e como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21, será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso non terá que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado -aínda que non conte con axuda de material escolar- tamén poderá beneficiarse so subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. Para facer o cálculo deben tomar os datos da Renda do 2018.

 

Poden consultar no enlace á web da Consellería.

 

O prazo de solicitude vai desde hoxe luns 16 de novembro ata o venres 27. Para entregar a solicitude se é o caso, poden facelo no centro logo de solicitar cita.

AdxuntoTamaño
ANEXO I E II_ED330E.pdf136.44 KB


page | by Dr. Radut