Skip to Content

Campañas

Emociónate co Galego

Campaña na que colaboraron todos os cursos xunto cos mestres e a ANPA San Xosé do CEP Campolongo - Ver tod@s na Galería

Álbum: 2023-24 -> Campaña fomento do Galego

Programa 21 Días co Galego

A finais do curso pasado ofertáronnos, e aceptamos en claustro, poder participar no proxecto 21 Días co Galego neste curso 2023-24. Esta semana presentáronnos o programa que aquí xuntamos para o seu desenvolvemento.

Campaña: 21 Lemas Pola Nosa Lingua

Aproveitando que este ano imos participar no Programa 21 días co galego, promovido pola Consellería de Cultura, no primeiro trimestre imos facer unha modesta campaña de fomento con 21 lemas que imos repartir entre as aulas do noso centro (19) o profesorado (1) e a ANPA (1).

2021/22 - Campaña "Campolingua"

 

Wordle Campolingua

Amplia o teu vocabulario en galego e adivina as palabras no "wordle" de Campolingua.  Nesta nova  campaña do galego , na escola fixemos un xogo onde terás que descubrir algunha das palabras que tes no PDF. Recorda que unha das pistas é o número de letras que che pide o xogo, pois hainas de cinco, de seis ... Serás quen de atopalas?  Descarga o PDF para poder xogar (en liña non funciona) ou copia a ligazón e abre umha nova ventana no ordenador.

Decálogo do Galego

#DígochoEu. Aprende como hai que dicir ...

 

Vídeos curtos,  en  "Youtube" ou na CRTVGA onde se pode aprender un bo galego  corrixindo erros cotiáns e aclarando  palabras dubidosas,  castelanismos, hiperenxebrismos, etc.   Exemplos:

- cando utilizar 'bolsa' e 'beca' ou  *"vacío" e "baleiro". O si é correcto dicir perruquería, ficar, *esterilla .... Ou que significa "urna" e "furna"
As palabras que teñen o asterisco son as incorrectas (Ver todos os programas).   Algúns vídeos dos que se poden ver: -non vale *besucón é millor dicir   Chuchón ou beixador. - Non ho, nin de broma, non é correcto *Que va!   - Custo é o correcto, non vale *custe.  -  Dar os parabéns ou felicitar é o correcto , non vale *parabenizar Facemos anos, non é correcto *cumprir anos e torta non *tarta . -  Hai que dicir cunca, culler, garfo, prato; non valen *taza, *cuchara, *tenedor, *plato.  -  Non é correcto dicir  *"A partires" nin a *"A pesares" ,hai que dicir "A partir" ou "A pesar " -  Natilicio ou de Nadal e nón *navideño.  - "En hora boa" ou "Parabéns" , non dicir *noraboa.  - Non digas *sinceiro, senón sincero ou sincera. Non digas *incertidume ou *falsidade, senón certeza  e falsidade . Non é *esguince, senón escordadura ,  retorzón ou torcedura. Non vale *substraer nin *sustraer senón subtraer.  -  Ver a web DíchogoEu

Resumo Correlingua 2020

Desplastifícate

Para continuar co proxecto "Desplastifícate", iniciado antes da pandemia, necesitamos a colaboración de toda a comunidade educativa para que os martes sexan "Días sen plástico" nas merendas. Grazas pola  colaboración. Ver fotos do curso pasado.  Aprende o "Rap Plastiquina"Máis en Ghafos .

    "Tira no mar só o que os animais poidan comer"

26 DE SETEMBRO - DÍA EUROPEO DAS LINGUAS #GALEGO

Distribuir contido


by Dr. Radut