Informática

Informe AL085-Alumnado xogade.

Neste informe sairá só aquel alumnado que teña marcado que si na ruta :

Alumnado->Datos xerais -> Outros datos do alumnado -> Autoriza a saír no informe Xogade -> Si

A autorización para saír no informe Xogade debe ser o documento elaborado pola Consellería de Educación que se achega neste correo e que terán tamén á súa disposición na lapela Inicio da aplicación de inscricións de Xogade. Este modelo de autorización deberá ser individualizado por cada centro educativo.

Proceso de xestión de reparación fora de garantía dos equipos Antega do Proxecto Abalar

A xestión da reparación consta dos seguintes pasos:

    O alumno comunica ao responsable de TIC unha avaría (ruptura)
    O responsable de Tic ponse en contacto con Soporte Premium da forma habitual indicando que hai unha incidencia fóra de garantía
    Soporte premium entrega un código de caso
    A familia diríxese á nosa tenda con ese número de caso e procédese á reparación do mesmo.

Déixolles as tarifas oficiais coas que Soporte premium pechou un acordo co noso servizo técnico.

Distribuir contido