A listaxe definitiva é accesible polas familias a través da aplicación admisiónalumnado e está exposta no taboleiro interior do centro até o inicio do novo curso. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da dirección territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Aberto prazo de presentación de solicitudes de becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025 que abranguerá dende o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024.
COMUNÍCASE ÁS FAMILIAS QUE, DENDE HOXE, 29 DE FEBREIRO, ESTÁN PUBLICADAS NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO E NA WEB OS POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025.
Infórmase ás familias que están expostas no taboleiro do interior do centro as listaxes do alumnado admitidono IES Sánchez Cantónasí como a do alumnado da EEI Crespo Rivas que ten asignada praza no 1º curso de primaria no CEP Campolongo. Cada familia, co seu código de solicitude e documentación de identidade pode consultalas na aplicación admisionalumnado.
O prazo de solicitude abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos. Pódese solicitar ben en papel ou nunha aplicación na que podes ver no documento completo.
O vindeiro martes, 26 de setembro, celebrarase unha reunión dos pais, nais e representantes legais, cos mestres e mestras do alumnado de 5º nivel, na sala de usos múltiples ás 17:30 horas.