Skip to Content

Excursión fin de curso de 1º

O martes 12 de xuño o alumnado de 1º fixo unha saída a Bueu. Fixeron un obradoiro no Museo Massó, e visitaron un museo-asteleiro tradicional.

 

Galería de fotos.

 

 

HortaChef 2024

Álbum: 2023-24 -> HortaChef

O alumnado de 5 anos do EEI Crespo Rivas visita a nosa escola

Esta semana tivemos a visita do alumnado da EEI Crespo Rivas. Moitos deles sequiran a seguinte etapa educativa na nosa escola.

O alumnado de 5 anos do EEI Crespo Rivas visita a nosa escola

Vídeo idiomas

Baixo o ceo de París. Temos o pracer de presentar este precioso audiovisual no que participa 2ºB coa Teacher de Inglés, 4ºC co seu titor Celso Diz e o alumnado de francés coa profesora Mar Villaverde Lamas. Esperamos que vos guste. Nel podedes ver as tres linguas presentes nos dous centros.

 

Enquisa sobre a ferramenta Abalar para as familias.

Dende o centro solicitamos ás familias do noso alumnado que completen unha breve enquisa sobre a ferramenta Abalar de xeito anónimo e voluntario.

Un saúdo.

 

Enquisa

Saída Pontevedra medieval

Un paseo pola Pontevedra medieval /// Getting Around Pontevedra: o alumnado de 3º  do CEP Campolongo estivo recorrendo as rúas do casco vello da cidade coñecendo os segredos dunha época fundamental na historia de Pontevedra, e á vez facendo pequenos diálogos en inglés nos que os nenos practicaban as indicacións en inglés dun punto a outro así como repasando vocabulario dos diferentes establecimentos que poden atopar no camiño. É un xeito de practicar a lingua inglesa poñendo o alumnado en situacións reais de comunicación.

Sobrevivir no bosque

Pequena charla para o alumnado de 5º de primaria,  que nos deron  Juan e Elisa, alumnos do Programa de Maiores  da Universidade de Vigo, sobre  que facer no caso de atoparnos perdidos nun bosque ou noutro medio descoñecido. A charla foi acompañada cun obradoiro de como facer algúns dos nós mariñeiros  imprescidibles.

Sobrevivir no bosque

Máquinas Simples e Compostas do alumnado de 4º

Ver na Galería

Álbum: 2023-24 -> Máquinas
Distribuir contido


by Dr. Radut