Skip to Content

Arte

Obradoiro Picasso

Creamos con Picasso
Este mes o alumnado de terceiro asistiu a unha actividade no Café Moderno Afundación titulada "Picaso protagonista". Nesta actividade fixeron un obradoiro coa técnica de collage partindo de material reciclado e unha visita guiada pola exposición titulada "Viñetas no cómic español contemporáneo co gallo do 50 aniversario da morte deste artista.

Álbum: 2023-24 -> Obradoiro Picasso

«This is pop. Das latas de Andy Warhol ás túas»

Esta mañá o alumnado de 4°, visitou o Café Moderno para gozar coa arte pop.  Primeiro visitaron unha exposición, na que pudieron apreciar cadros de diferentes artistas e territorios, evidentemente non faltou Marilyn Monroe da man de Andy Warhol. Despois participaron nun obradoiro, no que se iniciaron na programación, sen esquecer a perspectiva artística das xornadas. Damos dende aquí as grazas ao equipo do Moderno polo súa adicación. Preme na imaxe para ver algunhas das fotos que fixemos.

Álbum: 2022/23 -> This is pop. Das latas de Andy Warhol ás túas

Follas en google

Folla

Dia das Artes Galegas 2022 - Laxeiro

 O alumnado de 3º en dúas sesións, coa colaboración da Deputación de Pontevedra  elaboraron un mural no Día das Artes Galegas homenaxeando ao persoeiro elixido este ano  José Otero Abeledo “Laxeiro"    - Ver máis fotos   -  Artigo relacionado

Día das Artes Galegas 2022 - Laxeiro - Xogos Interactivos e U. Didáctica

Clicando nas imaxes poderas entrar en dúas actividades interactivas sobre Laxeiro. O homenaxeado este ano 2022  no Días das Artes Galegas.    Xúntase tamén unha Unidade Didáctica.

 Entrar na Fundación Laxeiro

Museo do Prado

 Clica na imaxe para ver algunhas obras de arte no Museo do Prado.

Se queres ver algunhas das réplicas feita no cole tes que entrar aquí.

Se queres ver Réplicas de Pintores Galegos podes velas aquí.

Cadros Vivos e Coplas de Maios

Composición dos Cadros Vivos feitos polo alumnado durante a Pandemia con música de Ai vén o Maio

2018/19 - Cadro Vivo - Muller Cordobesa

Cadro vivo da  "Muller Cordobesa" de Julio Romero de Torres.  Feito por Carlota R. G. (6ºD) durante o curso 2018-19 no CEP Campolongo

Distribuir contido


by Dr. Radut