Skip to Content

REAU - Unesco

14 Anos na REGAU e na REAU - Rede de Escolas Asociadas a UNESCO - Galega e Estatal

Cursos 2008/22 .  A andaina da nosa escola nesta Rede Galega de  Escolas Asociadas a UNESCO comezou no  curso 2008/09

2015/16 - Concreso Estatal REAU - Cuenca

- O CEP Campolongo presentou o Proxecto "A Camelia"  xunto coan outras experiencias dentro dos paneis de presentación : Legúmizate -   As Patronas Mexicanas -

2014/15 - Xornada Atlántica

Polo Día do Medio Ambiente, na praia de Lourido da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco). Traballouse principalmente o Arte Efímero cos materiais que hai nas praia. Léronse frases medio ambientais con xestos de yogote e fíxose un S.O.S. coas algas e cos rapaces coa finalidade de concienciar a todos da necesidade de coidar a nosa casa, O PLANETA TERRA

 

2014/15 - Xincana Patrimonio da Cidade de Pontevedra

Xincana feita no Congreso Galego das Escolas Asociadas Unesco no curso 2014/15.

2014/15 - Xornada Atlántica - Escolas Galegas Asociadas Unesco

Vídeo resumo da Xornada Atlántica na praia de Lourido o venres 5 de xuño, "Día Mundial do Medio". Participaron da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco):   Facultade de Educación de Pontevedra, os IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, os CEIP, Manuel Vidal Portela, Cabanas, San Benito de Lérez, Isidora Riestra e  os CEP Marcos da PortelaCEP Campolongo.

Paneis XXVII Congreso Nacional Escolas Asociadas Unesco

Álbum: 2013/14 -> Paneis Escolas Asociadas Unesco - Congreso Nacional

2013/14 - XXVII Encontro Estatal de Escolas Asociadas á UNESCO - Pontevedra

A Rede de Escolas Asociadas á UNESCO de Galicia (Red PEA UNESCO) organizou o XXVII Encontro Estatal de Escolas Asociadas á UNESCO en España, que arrancou o mércores 2 de xullo en Pontevedra e que se prolongará ata o próximo sábado 5 de xullo. Este encontro, que se celebra cada ano nunha comunidade autónoma, realizase este ano en Galicia baixo o título "Unha educación para a cidadanía mundial".

Distribuir contido


by Dr. Radut