Skip to Content

Libros

Eduardo Santiago co seu libro "A miña amiga invisible"

O pasado venres 15 de marzo, o alumnado de 4º recibiu a visita de Eduardo Santiago, autor de “A miña amiga invisible”, libro co cal os nenos/as deste nivel estiveron traballando ao longo do trimestre.  Durante a charla, o autor foi explicando como se lle foron ocorrendo as diferentes tramas, personaxes e lugares onde está ambientada a obra, dando pé ao alumnado a preguntar aquelas dúbidas que puidese ter ao respecto da obra. (Texto do profesor Celso)

Álbum: 2023-24 -> Libro A miña amiga invisible

Xoves de conto - O Patiño Feo

Lola, Alicia e Martina no Contacontos dos Xoves

Xoves de conto - O Patiño Feo

'A batalla de rande' en Banda Deseñada

Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida

Libro sacado ao prelo este ano 2022 pero  feito durante a pandemia do Virus COVID-19. Nel poderás atopar  moitos xogos e actividades para poder facer sen necesidade de grandes espazos e con diversos materiais, moitas veces de refugallo.

Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida

Os contos de Lourdes Justo Adán

Neste curso 2021-22 estivo connosco como Orientadora do centro, a compañeira Lourdes Justo Adán.  Por circunstancias que non veñen ao caso, o ano que vén estará noutro centro educativo de Pontevedra. Deixamos aquí, como unha pequena homenaxe,  a súa biografia educativa e literaria, coas súas publicacións para aqueles que lles poida interesar.

Vive en Pontevedra. Mestra especialista en Educación Infantil, Educación Primaria e Pedagoxía Terapéutica. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Leva máis de 25 anos no ensino. Sempre mostrou gran interese pola lectura e, posteriormente, pola escritura, o que a levou a asistir, hai uns anos, a diversos talleres de escritura. Desde entón, o que comezou como unha afección, foise convertendo nunha necesidade tan vital como creativa. Publicou os microrrelatosIn memoriam” na antoloxía “O Legado de Gabo” (Ollos Verdes Edicións, 2016) e “Toc, toc, toc” na antoloxía “Pluma, tinta y papel” (Ed. Diversidad Literaria, 2022). Álbum ilustrado “El collar de Borlita” (Ed. Círculo Rojo, 2022).   Obtivo o terceiro premio no IX certame organizado pola Escola oficial de idiomas de Pontevedra (2018) co microrrelatoA danza dos vagalumes .  Adentrouse na literatura infantil co seu primeiro álbum ilustrado titulado “Algo moi valioso” (Editorial Círculo Rojo, 2019).

Engadimos que deixou no blog de orientación do noso centro, creado por ela,  algunhas recomendacións de lecturas de libros nos diferentes meses do curso.

Libros recomendados para maio. Tema "As flores"

Minimortos con Ledicia Costas

Hoxe visitounos a escritora Ledicia Costas para falarnos do seu libro `Minimortos´. Foron moitas as preguntas que lle fixo o alumnado de 4º de primaria. Entre as preguntas destacamos a de:  Que hai que facer para ser escritor/a? Aquí tedes a resposta: 1- ler moito libros - 2- Non ter medo ó dicionario porque hai que coñecer moito vocabulario, e - Escribir, pois parece mentira pero canto máis escribes máis aprender a dominar esta arte. VER FOTOS DO EVENTO

Entrar na súa páxina web

1997/98 - Libros máis lidos da Biblioteca da escola

1º- Mortadelo - 77 veces   - 2º Axterix 76   3- Trotamúsicos  33... Ver máis

Distribuir contido


by Dr. Radut