Esquema de temas
CONTACTO SOPORTE PREMIUM
Servizo 24/7
- Email: soporte.premium@edu.xunta.es
- Teléfono: 881 86 99 00
- WhatsApp: 604 06 78 56
- Telegram: @Serviciopremiumedixgal
Acceso provisional EVA 22-23
Co fin de recuperar os contidos incluídos nas materias do curso 2022/23, o profesorado terá acceso ao antigo Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) ata o día 15 de outubro de 2023.
O acceso realizarase a través da URL https://eva2223.edu.xunta.gal/ utilizando as credenciais habituais.
É importante ter en conta as seguintes indicacións:
- O alumnado non está habilitado para poder acceder a este EVA do curso 2022/23.
- O profesorado accederá só para recuperar contidos ou facer copias de seguridade do curso completo e descargalas, co fin de restauralas no novo entorno do EVA (https://eva.edu.xunta.gal).
- Non se deberá incorporar ningún contido a eses cursos antes de facer a copia.
Responsabilidade
LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
Artigo 13. Responsabilidade e reparación de danos.
1. O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, está obrigado a restituír o subtraído ou, se non for posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente.Artigo 35. Reparación de danos causados
1. O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e materiais dos centros, incluídos os equipamentos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, está obrigado a restituír o subtraído ou, se non fose posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores legais serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente.
Folleto informativo para as familias curso 2023-24
Bos días,
Poñémonos en contacto con vostedes para facervos chegar a información referente as coberturas do equipamento de alumnado que pertence ó marco del proxecto ABALAR-EDIXGAL, agradecerlles que fagan chegar esta información ás familias para facer extensiva dita información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación.
Ante calquera dúbida pode trasladar a súa consulta a través dos seguintes canais.
Correo: coberturasir@plexus.es
Teléfono: 881505136