Skip to Content

Ed. física

RETOS DE EDUCACIÓN FÍSICA II

Ola familias!

Segunda semana de retos e animo a participar a todo o alumnado.

Non  fagades os retos todos xuntos o mesmo día. Aproveitade os descansos entre asignatura e asignatura para facer educación física. Facede primeiro un pequeno quecemento, xa sabedes, movilidade articular.  E ao rematar pequenos estiramentos da zona corporal que traballamos.

Mandade os vídeos ao correo : benchoprofes@gmail.com , escribindo no asunto RETO EF.

A participar!!!!

Moita sorte!!!!

ss

IOGA PARA INFANTIL Y PRIMARIA

Bos días ,

Esta semana fixemos unha proposta de ioga para  Educación Infantil e Educación Primaria.

En moitos casos son contos nos que vos tedes que ir facendo as posturas que xa coñecedes. Algúns deles, están en inglés así tamén practicades a escoita .

Esperamos que vos guste.

 

Ánimo a todos!!!!! Xa queda menos!!!!

Unha forte aperta do profe Moncho e de Nancy.

 

 

RETOS CONTRA O ABURRIMENTO

Bos días.

Para esta semana deixo os seguintes retos. Xa sabedes que non son para ningún nivel concreto ,os podedes facer toooodo o alumnado e as vosas familias, é mais ,nalgún tedes que ser dúas personas.

Cómo funciona o enlace? Se poño o rato enriba dun día ,sae o título do reto. Se fago doble click na ventana de cada día ,sae unha pequena explicación do reto. E se pico no + vos leva a un vídeo demostración.

Espero os voso vídeos desta semana no correo benchoprofes@gmail.com ( ata o domingo) escribindo no asunto RETOS EF.

 

Estamos a piques de rematar este pesadelo e logo voltaremos a xogar xuntos.

Unha aperta.

Moncho e Nancy

#todosxuntospodemo

#euquedonacasa

GAÑADOR DO PRIMEIRO RETO

Ola familias.

E como gañador do primeiro reto contra ao aburrimento o señor Teo Martínez. Nada mais  nin nada menos que 44 sentadillas. Un forte aplauso.

 

ESTADE ATENTOS . EN BREVE MAIS RETOS

UNHA APERTA.

#euquedonacasa

#todovaisairben

RETOS DE EDUCACIÓN FÍSICA

Ola familias. Ola chicos e chicas.

Cómo estades? 

Comezamos o terceiro trimestre e desde Educación Física propoño unha serie de retos para que superedes en familia. A idea é facer actividade física coas vosas familias e ter un "descanso activo" entre as vosas tarefas e rutinas diarias que de seguro  as facedes moi ben.

Ben , que me "enrollo"...Este primeiro reto consiste en facer as o maior número de  sentadillas posibles nun minuto. Deixo un enlace co video demostración ,onde teño unha axuda especial.

https://drive.google.com/open?id=1sNms3_9bqj3l2kT77OwSOooJWp7AjgDf

 

 Podedes enviar os vosos videos cos retos ao correo benchoprofes@gmail.com  escribindo no asunto RETO EDUCACIÓN FÍSICA.

Seguide traballando como facedes e espero os videos cos retos ...A VER QUEN FAI MAIS SENTADILLAS!!!

UNHA APERTA .

Moncho.

#todovaisairben

#xuntospodemos

#euquedonacasa

 

IOGA

OUTRAS ACTIVIDADES

Ola familias.

Ola nenos e nenas.

Cómo vai todo? Espero e desexo que o confinamento sexa o menos aburrido posible.

Estades facendo as vosas rutinas? Estou convencido. A seguir así.

Para continuar en activo co deporte e coa actividade física deixovos dous enlaces. O primeiro é un rosco de pasapalabra deportivo. Seguro que é sinxelo.

E o segundo enlace leva a un xogo que vos gustaba moito e faciamos no salón de actos: UN PARA GAÑAR.

Hai unha morea de actividades que podemos facer en familia.

ROSCO DEPORTIVO:

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5261601-rosco_deportivo.html

 

UN PARA GAÑAR:

http://www.educacionfisicaenprimaria.es/udt-036-uno-para-ganar-3er-ciclo.html

 

Disfrutade destes xogos en famila porque axiña voltaremos a xogar xuntos. 

Unha aperta moi forte.

Nancy e Moncho.

#TODO VAI SAIR BEN.

#EUQUEDONACASA

 

 

 

DÚAS SEMANAS DE E.F. NA CASA

Estimadas familias:

Primeiro de nada o departamento de educación física, e todo o claustro do colexio, queremos enviarvos unha mensaxe de ánimo e tranquilidade nesta difícil situación. 

Para facer a estadía o mais levadeira posible facemos unhas pequenas recomendacións :

- manter os horarios da escola, de erguerse pola mañá e de deitarse, tamén os horarios dos almorzos,xantar e cea...

- non abusar do tempo de tv e dos dispositivos das novas tecnoloxías, das consolas de videoxogos...

- despois de realizar as fichas ou deberes estaría ben un "descanso activo" cada 45 ou 50 minutos ( xa vos vai un enlace á. actividade física)

- responsabilizar aos nenos/as nas tarefas de casa , segundo a idade , facer as camas, preparar e recoller a mesa, manter a habitación en orde, etc

- desfrutar do tempo en familia para contar contos ou historias, xogos de mesa, manualidades... 

O día faise moi longo e imos ter tempo para moitas actividades .

En canto a educación física , compartimos con vos un enlace para dúas semanas de:  xogos , videos, bailes e actividades. Non están destinadas a ningún nivel en concreto , todos podemos xogar incluidos os maiores da casa. 

Deixamos o enlace a Frikazosenelaula. Grazas a Miguel Pasamar por compartir. 

 

https://frikazosenelaula.com/planificacion-semanal-e-f-dos-semanas/

 

Estamos convencidos que pronto pasará este mal soño e poidamos xogar cos/as vosos/as fillo/as o mais rápido posible.

#Todo sairá ben.

Unha aperta.  Nancy e Moncho.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut