Skip to Content

Ed. física

RETOS E.F. VI

Bo día.

Hoxe comezamos con boas novas . Galicia  entra na fase dúas da desescalada pero ... con sentidiño . 

Desde educación física imos baixar o número de retos semanais agora temos mais tempo para xogar fóra da casas.

Esta semana presentamos as seguintes actividades : unha segunda parte de malabares con pelotas , entramos no mundo dos xogos populares e , o terceiro reto , un desafío de Mateo Prol de 3ºB. E mantemos a sección Ti es o protagonista para que enviedes os desafíos.

No reto do mércores vai unha pequena explicación ( pica no +) e dous exemplos de xogos que fixemos na miña casa (pica no 1 e no 2).

A divertirse!!!

Esperamos os vídeos ou fotos dos retos , e de calquera actividade física que fagades, no correo benchoprofes@gmail.com, escribindo no asunto EF.

Moitas grazas.

Un saúdo.

Nancy e Moncho.

#xuntosoestamosconseguindo

 

RESUMO RETO MUIÑEIRA

Ola familias:

Sinto de verdade non poder subir os vídeos que recibimos na súa totalidade porque os protagonistas están magníficos.

Esta semana chegaron bailes individuais , en parella, en grupo , en familia, xogándose o físico nunha cama elástica, nunha contorna espectacular...unha vez mais nos deixades sen palabras.

Moitas grazas.

Espero que disfrutedes deste pequeno resumo.

Unha aperta.

#xuntosoestamosconseguindo

 

RETO SEMANA LETRAS GALEGAS

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Para esta semana imos descansar dos retos habituais e imos facer  un reto conxunto para as materias de música e educación física.

Nesta ocasión haberá que......BAILAR A MUIÑEIRA!!!

Na entrada deixo un tutorial onde a profe Salomé nos ensina os pasos do baile e unha canción para ensaiar .

Esperamos os vosos vídeos , como sempre, en benchoprofes@gmail.com escribindo no asunto: MUIÑEIRA.

Moitas grazas e ...a bailar!!!

#oestamosconseguindo

 

 

BENCHOIOGA

RETOS E.F. IV

RESUMO RETOS EDUCACIÓN FÍSICA (3ª SEMANA)

Ola familias.

Moitas grazas por a participación e implicación nas actividades e retos de educación física. Fainos moita ilusión ver aos nenos e nenas ( e aos non tan nenos nin tan nenas) pasando uns momentos divertidos en familia. Sodes estupendos.

Esta semana dividimos a presentación en cinco capítulos, por retos . Cada vez é mais longa.

Ese resumo semanal o preparamos o domingo  así que enviade os vídeos con anterioridade , se pode ser. De todos xeitos , xa nos argallaremos para subir a web todos os vídeos recibidos.

Unha forte aperta.

TAREFA EDUCACIÓN FÍSICA. RETOS III

Bo día!

Deixamos a terceira semana de retos de educación física. Como hoxe luns "facemos ponte",  van catro retos e unha carta para as familias.

Lembrade , tendes ata o sábado para enviar os vídeos pois o domingo fago o resumo. Tamén podedes enviar outras actividades que facedes na casa relacionadas co deporte.

Moitas grazas.

#xuntosunidospodemos

 

RESUMO RETOS EF (2º SEMANA)

Bo día!

Resumo da segunda semana de retos.

Moitas Grazas.

 

BENCHOIOGA

Ola familias!

Unha semana máis deixámosvos a proposta de ioga. Tedes unha sección para os de Infantil e outra para Primaria. Algúns dos videos están en inglés. Así facemos algo de escoita, tamén. Se non entendes todo non te preocupes, simplemente vai copiando as posturas.

Esperamos que vos guste!!!!

Unha gran aperta.

Moncho e Nancy

RESUMO RETOS EF (1º SEMANA)

Bo día!!!

Deixo un pequeno resumo dos vídeos recibidos polos participantes nos retos de educación física. 

Na pestaña de actividades , en Educación Física , tedes exercicios, xogos, retos,pasapalabras... espero os vosos vídeos ou fotos de calquera actividade física que fagades na casa ( non só dos retos) no correo : benchoprofes@gmail.com escribindo no asunto EF ou RETO EF.

Moitas grazas!!!

#euquedonacasa

#mañadouunpaseo

Distribuir contido


by Dr. Radut