Skip to Content

40.- Comprobación do Fluído non Newtoniano

Para este experimento precisamos maicena, auga e un envase grande.Botamos a maicena dentro do envase e engadimos auga ata que se volva uha masa pastosa semilíquida.

 

O alumnado de primeiro B observa cómo se comporta a masa semilíquida. se a golpean ven que está dura e se a collen entre as mans vólvese líquida. A aplicarlle presión compórtanse como sólidos  e en estado de repouso compórtanse como líquidos.

 

Así dun xeito divertido e moi manipulativo comproban o cambio de estado do fluído non newtoniano.

 

Álbum: STEAM 23-24 -> 40.- Comprobación do Fluído non Newtoniano


album | by Dr. Radut