Skip to Content

MARÍA, A TIFOIDEA

 

 

Coa figura deste personaxe do s.XIX traballáronse cos nenos diversos conceptos de microbioloxía. A presentación da historia de Mari, unha muller que se fixo famosa por ser a primeira persoa detectada como portador asíntomático da historia, a cal foi perseguida e encerrada en varias etapas da súa vida por ser a causante de contaminar e provocar infeccións de Salmonella Tifoidea en diferentes familias estadounidenses.Esta historia deu pé a facer un experimento científico, no que sementamos microorganismos en caldos de cultivo, para ver como un ser invisible para o ollo humano é capaz de visualizarse nas condicións propicias e posteriormente traballamos a figura da muller na ciencia e a súa importancia da historia coa presentación de catro mulleres científicas relacionadas coa microbioloxía. Por último fixemos un xogo de memo cos nenos para coñecer os inventos dunha morea de mulleres. Os obxectivos deste obradoiro foron varios, pero o más importante foi por en valor o traballo da muller ao longo da historia e a súa aportación á ciencia e ao vance da humanidade, por outra parte coñecer o mundo da microbioloxía, relacionarnos con el e comprender a importancia das medidas de hixiene na nosa vida cotiá.

Álbum: STEAM 2021-2022 -> Bacterias MARÍA TIFOIDEA


album | by Dr. Radut