Skip to Content

INDICADORES NATURAIS DE ÁCIDO-BASE

 

En primeiro lugar explicouse o concepto de ácido e base. Cunha visión histórica para unha mellor comprensión, foise falando do uso de ácidos e bases que se deu ao largo dos anos e como os humanos os fomos utilizando nas nosas tarefas diarias. Espúxose os diferentes avances científicos que fan que na actualidade este concepto sexa moi sinxelo de medir, grazas as tiras de pH, por unha escala de cores.Traballouse o concepto de pH e a súa escala, en diferentes substancias medidas con tiras de pH. Finalmente, descubriuse un indicador natural para medir o pH, a Lombarda. A propia lombarda vai variar a súa tonalidade dependendo da acidez ou basicidade do entorno no que se atope, elaborouse cos nenos un ph-metro natural. Con esta disolución de lombarda investigouse a acidez e basicidade de diferentes substancias e rematouse coñecendo e realizando unha volumetría. O obxectivo deste experimento foi por en valor o coñecemento científico e visualizar que un concepto que en principio pode ser moi abstacto co material adecuado é comprensible para os máis pequenos.

 

Álbum: STEAM 2021-2022 -> INDICADOR NATURAL ÁCIDO BASE


album | by Dr. Radut