Estimadas familias, o vindeiro 10 de setembro é a data prevista para o comezo do curso escolar 2020-21. O centro está organizando a volta ao colexio e traballando no "Plan de adaptación á situación Covid 19 no curso 2020-21", segundo as instrucións establecidas pola Consellería de Educación para para que esa volta se faga coas mellores medidas sanitarias e de seguridade posibles.
O citado plan do centro será dado a coñecer cando a Consellería publique o protocolo definitivo, que como xa todos saberedes, non o fará público ata o vindeiro 7 de setembro.