Curso 2017-18

CINE: EL TECHO DEL MUNDO

 O pasado 25 de outubro, alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a proxección da película de animación titulada "El techo del mundo", película enmarcada dentro da XXII edición do  Festival de Cine Internacional de Ourense.

Esta película francesa do ano 2015, narra as aventuras de Sasha: 

"1882. San Petersburgo. Sasha é unha moza aristócrata rusa que sempre estivo fascinada pola aventureira vida do seu avó, Olukin, un explorador famoso que non regresou da súa última expedición á conquista do Polo Norte. En troques de satisfacer aos seus pais, que concertaron a súa voda, Sasha rebélase contra o seu destino e decide saír cara ao Gran Norte seguindo a pista do seu avó".

É unha èpica e fermosa película de aventuras onde uns espectaculares paisaxes serven de fondo á transformación e ao crecemento persoal de Sasha, ao longo da travesía que emprende, despois de rebelarse contra as convencións sociais. Valor, fe  e tenacidade e o profundo cariño entre un avó e a súa neta, son os valores que nos quere transmitir a historia a través da súa protagonista, historia que foi moi do agrado dos alumnos que a visionaron.

 

(Preme na imaxe para acceder á galería de fotos)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017/18

Xa está aberto o prazo para anotarse nas actividades extraescolares do presente curso 2017/18. A maioría das actividades son organizadas pola ANPA do centro. Coma todos os anos realizaranse (agás a actividade de natación) despois da hora de xantar e estarán atendidas polos monitores que imparten as actividades e polos pais/nais que atenden o servizo de comedor escolar. Ás actividades xa impartidas en cursos anteriores (inglés, informática, baile moderno, fútbol sala, ludoteca, biblioteca, xadrezinformática, ecopatrulla, horto...) destacamos a incorporación de novas actividades como son "Ioga e contacontos" e "Ximnasia Rítmica".  

Premendo na seguinte imaxe podedes visualizar e descargar o cadro de actividades e a ficha de inscrición nas mesmas.

INFORMACIÓN CURSO 2017-18

No díptico informativo de principio de curso, que reproducimos a continuación, podedes consultar diversas informacións: horarios, obxectivos do presente curso, normas xerais, composición do claustro de profesores, recomendacións...

Nel tamén vos informamos que o vindeiro martes, 26 de setembro, ás 18:00 horas,esperamos a todos os pais/nais e/ou titores legais dos nosos alumnos/as, no salón de actos do centro, onde terá lugar a primeira reunión informativa do curso que acabamos de comezar. 

INICIO DE CURSO 2017-18

 

INFORMAMOS DAS ÚLTIMAS NOVAS COMUNICADAS POLA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CENTRO (ANPA)

SOCIOS

Xa está aberto o prazo para facerse socio da ANPA. A cuota é de 20 euros por familia e ano. 

No seguinte enlace podedes descargar a ficha de inscrición: 

 

    Ficha inscrición socios 

SERVIZO DE "ATENCIÓN MATINAL"  Este curso xa está en marcha o servizo de atención matinal dende as 07:30 ata as 9:30 (hora de entrada ao centro). O custe é de 41,50 euros ao mes por neno/a (inclúe o almorzo). 
SERVIZO DE "ATENCIÓN AO ALUMNADO DE INFANTIL NO HORARIO ESCOLAR" Tamén xa está en funcionamento o servizo de atención ao alumnado de infantil. A cuota é de 13 euros por mes. 
REUNIÓN ANPA

No salón de actos do centro, o vindeiro xoves, 21 de setembro ás 19:00, celebrarase a primeira reunión do presente curso escolar 2017/18. Nela elixirase a nova xunta directiva, exporanse as actividades extraescolares e os próximos proxectos a realizar. 

 

CURSO 2017-18: BENVIDA

Esperámosvos o luns 11 de setembro no horario habitual: de 9:30 a 14:30 (xornada lectiva) e ata as 15:30 para os que fan uso do servizo de comedor escolar.

BENVIDOS!!

NADAL 2017: VISITA DOS REIS MAGOS

E non podía faltar tampouco a visita dos REIS MAGOS, que un ano máis tamén chegaron cargados de ilusión, esperanza, cariño e algunha lambetada para os máis cativos do cole. Eles entregáronlles ilusionados as cartas cos seus desexos para este Nadal.

 

NADAL 2017: VISITA DE PAPÁ NOEL

Recibimos a esperada visita de Papá Noel que, un ano máis, fixo a ledicia dos máis pequenos!!!

 

NADAL 2017: TALLER DE RECICLADO

Por iniciativa do equipo de dinamización da biblioteca e do equipo de Voz Natura, levouse a cabo, ao longo dos recreos do mes de decembro o II TALLER DE MANUALIDADES DE NADAL, que este ano estivo dedicado ao reciclaxe de tarros de cristal, facendo uns bonitos "portavelas" cos que agasallar á nosa familia. Mirade na seguinte presentación que bonitos quedaron!!.

 

Estes son os modelos que se realizaron ao longo do obradoiro e que podedes realizar nas vosas casas. Animádevos que son moi sinxelos!!

 

NADAL 2017: FESTIVAL DE NADAL (FOTOS)

E non podía faltar nestes días de celebración o noso tradicional festival de NADAL onde todos os nenos e nenas do colexio demostraron as súas habilidades como artistas: cantantes, bailaríns, músicos, actores e actrices... fixeron as ledicias de grandes e pequenos. Dar as grazas a todas as familias que acudiron a ver e dar o seu apoio aos seus fillos, netos, sobriños... os cales viviron con gran ilusión esta día festivo. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet