Comezamos o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2021-22 coa reserva de praza nos centros de adscrición.
Do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º de primaria que desexen continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro), deben presentar, ben na secretaría do centro, ben de forma electrónica, o impreso de solicitude de reserva de praza.
Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información e descargar o impreso de solicitude de reserva:
- Información sobre a reserva de praza
- Información na páxina web da Consellería de Educación