(Facede clic na imaxe para acceder a toda a información)
CALENDARIO-RESUMO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA |
|
Presentación de solicitudes de admisión | do 01 ao 22 de marzo |
Publicación da lista provisional de admitidos e non admitidos | antes do 25 de abril |
Prazo de reclamación | 5 días hábiles posteriores á resolución provisional |
Publicación da lista definitiva de admitidos e non admitidos | antes do 15 de maio |
Prazo de formalización da matrícula | do 20 ao 30 de xuño |
Nos seguintes enlaces podedes descargar a normativa que regula o proceso de admisión e matrícula:
A documentación a presentar para as solicitudes de admisión é a seguinte:
Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais. |
Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia. |
Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de primaria). |
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menos, se é o caso. |
Cuestionario sobre lingua materna (só alumnado de 4º de infantil (3 anos)) |
* A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo. No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.