Con motivo da celebración do DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ, organizouse no colexio, entre outras, unha actividade que leva o nome de "A POMBA SOLIDARIA". Esta actividade consiste en completar o deseño dunha pomba empregando paquetes con alimentos non perecedoiros (arroz, lentellas, pastas, ... leite, conservas, azucre, galletas, cacao,..). Todos aqueles alumnos/as que, de forma voluntaria, queiran participar, poden, entre o mércores (28), o xoves (29) e o venres (30), traer para a clase o paquete que van colocar o último día na confección da pomba. Cada alumno/a irá colocando a súa "axuda" ata completar o deseño. Todos os produtos recollidos serán destinados ao banco de alimentos do colexio. |
A veces sentimos que lo que hacemos es tan solo una gota en el mar, pero el mar sería menos si le faltara una gota. (Madre Teresa de Calcuta) |