NOTIFICACIÓN ÁS FAMILIAS COMUNICACIÓN SOBRE POSTA EN CORENTENA DE ALUMNADO DO CENTRO |
Os resultados positivos por COVID dun/unha alumno/a do centro e do seu/súa proxenitor/a fixeron á autoridade sanitaria tomar a decisión de poñer en corentena os/as compañeiros/as, considerados como contactos estreitos, da aula á que pertence. No comedor foron confinados algúns compañeiros/as que comparten mesa á hora de xantare co/a alumno/a. Foron postos en corentena un total de 7 alumnos/as. A corentena estará activa dende o día 20 ata o 28 de xaneiro, xa que o último contacto co/a alumno/a positivo/a tivo lugar o día 18 deste mes.
Todo o demais alumnado e persoal do centro seguirá asistindo ao mesmo con normalidade. Aprovéitase a ocasión para reiterar que se respecten escrupulosamente as normas ditadas no Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 20/21 e así evitar posibles contaxios.
Calquera aclaración poden solicitala poñéndose en contacto telefónico co centro, evitando acudir sen cita previa ao mesmo.
Dado o estado de crise sanitaria na que nos atopamos entra dentro do posible este tipo de situacións, coas que temos que convivir.