Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Día das Letras Galegas 2020- Ricardo Carballo Calero
Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñémosvos unha actividade para realizar nas vosas casas. Buscade unha camiseta que xa non usedes nos vosos armarios e estampade nela, co, Hagstag # diante, unha palabra, frase, título do conto, debuxo… da bibliografía de Ricardo Carballo Calero, o escritor homenaxeado este ano.
Por exemplo: #Carballo, #Calero, #CatrotroPezas, #Scórpio,….
Podedes buscar na Internet información sobre o escritor e poñer a palabra, frase,
debuxo... que máis vos guste, e estampala na vosa camiseta.
Animádevos a compartir as fotos connosco e co resto dos compañeir@s.
Correo electrónico: albinogalego14@gmail.com Grazas de antemán pola vosa
colaboración.
Tedes de prazo ata o 20 de maio para mandar as vosas fotos!!