METEORÓLOGOS POR UN DÍA

Este martes, 21 de marzo, os nenos e nenas de 5º e 6º tivemos a gran privilexio de visitar as instalacións de Meteogalicia en Santiago. Sentímonos meteorólogos por un día. 

Comezamos a mañá co lanzamento dunha radiosondaxe ata a estratosfera. Os expertos explicáronnos que deste xeito controlaban o estado da atmosfera (humidade, presión, intensidade e dirección do vento, e temperatura) nas diferentes estacións do ano. Vimos a través dunha cámara Go-pro ata onde chegou a sonda e como unha vez que a presión exterior era moi elevada, estoupaba e caía cun paracaídas. Foi impresionante!

Continuamos visitando a sala de predición operativa dende onde controlan o estado do tempo en diferentes puntos de Galicia (tanto en superficie como no mar) e fan as predicións para os diferentes medios de comunicación.

Tamén tivemos a sorte de aprender máis sobre o ciclo da auga e os tipos de nubes que existen, e déronnos consellos para actuar en caso de treboadas con aparello eléctrico.

Para rematar a nosa visita a Meteogalicia, outro experto explicounos a función e uso de diferentes aparellos meteorolóxicos; así como o funcionamento das diferentes estacións meteorolóxicas de Galicia. 

 

 

 

 

Despois de todo o que aprenderamos sobre a meteoroloxía, aínda nos quedaron gañas de coñecer un pouquiño a capital de Galicia. Achegámonos ata a praza de praterías e visitamos por dentro a catedral, onde o profe Pepe fixo de guía, explicándonos curiosidades sobre a súa historia. 

 

 

 

Para rematar a nosa pequena aventura, e despois de xantar na tradicional Alameda aproveitando os arelados raios de sol, comezamos un pequeno recorrido polo casco antigo. Así, entre peregrino e peregrino, chegamos á praza do obradoiro para pór fin á nosa viaxe.

Voltamos todos moi contentos e con ganas de repetir! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet