I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

Dentro do PROXECTO METEOESCOLAS, convocamos o I Concurso “Fotografía a meteoroloxía” co obxectivo de que observedes a beleza da natureza.

Ollade o ceo, collede a vosa cámara ou teléfono e capturade os distintos meteoros da vosa contorna!

 BASES

1º As fotografías deberán amosar os distintos metoros propios do noso clima: nubes, néboa, sarabia, chuvia, neve, arco da vella, treboadas etc.

2º Poderá participar todo o alumnado do centro, dende 4º de infantil ata 6º de primaria.

3º Cada autor só poderá presentar unha fotografía, tomada con cámara ou móbil e que deberá ser impresa en formato 13x18cm.

4º As fotografías entregaranse na conserxería do centro dende o 21 de decembro de 2016 ata o 21 de abril de 2017.

5º Cada autor entregará a fotografía con dous sobres que proporcionará o centro:

Sobre grande: Conterá a fotografía impresa co pseudónimo do autor/a e o título da fotografía no envés. No sobre escribirase o pseudónimo do autor/a, sen que apareza ningún dato persoal.

Sobre pequeno (que se introducirá no sobre grande): Conterá un papel cos datos persoais do autor/a (nome e apelidos, curso, pseudónimo, título da fotografía).

6º Entre todas as fotografías recibidas o xurado elixirá as tres mellores que recibirán un premio. O 1º premio para a máis valorada será unha CÁMARA GO-PRO.

7º Ao final de curso, con todas as fotografías participantes no concurso farase unha exposición sobre a meteoroloxía no centro.

 

 

 

                                      PARTICIPA!!

 

No seguinte enlace podedes descargar as bases do concurso:

1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: BASES

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet