ILUSIONISMO, MAXIA OU CIENCIA?

Baixo o título de ILUSIONISMO, MAXIA OU CIENCIA? englóbase unha exposición interactiva promovida pola OBRA SOCIAL "LA CAIXA" en colaboración co CONCELLO DE OURENSE. Baixo unha gran carpa instalada no Xardín do Posío da nosa cidade podemos explorar o mundo das ilusións, de como funciona o noso cerebro e de  como percibimos o que nos rodea.

"Neste proceso de interpretación da realidade xoga un papel importante a arte do ilusionismo. O cerebro é unha fábrica de ilusións. Unha ilusión é un fenomeno mental consistente en sensacións e percepcións estrañas e inesperadas. O  que percibimos nunha ilusión é sempre diferente ao que esperamos ou consideramos lóxico.  Durante séculos os magos explotaron científicamente os límites da mente e as súas percepcións para crear ilusións. Hoxe, esa situación invértese e son os científicos quen se interesan polo traballo destes artistas da conciencia para comprender mellor o funcionamento do cerebro e a mente humana". (texto extraído do folleto informativo editado por La Caixa con motivo da exposición). 

A visita a esta exposición foi realizada, en diferentes días, polos alumnos de 2º (4 de outubro), 3º, 4º (3 de novembro), 5º e 6º de primaria (28 de outubro) e tamén polos pequenos e pequenas de 5º e 6º de educación infantil (28 de outubro). 

A exposición está dividida en cinco módulos, aínda que a visita só abarcaba tres deles, e durante a mesma unha guía ía explicando a cada grupo en que consistía cada módulo e os nenos/as foron realizando diversas probas e experimentos.

 

1.OS SENTIDOS E A PERCEPCIÓN DO MUNDO:

"A nosa percepción do mundo créase no noso cerebro a partir dos sinais que  recibe de todos os sentidos de maneira combinada, pero ademais matizada polas nosas experiencias, coñecementos e expectativos, de xeito que facemos unha interpretación particular e subxectiva do que nos rodea, é dicir, o que percibimos non é tan obxectivo como adoitamos crer." 

- Na proba combinada de tacto e oído, ao escoitar un ruxido e tocar algo ao tacto, o cerebro xa interpretaba que o que tocabamos era a pel dun león... era isto verdade?'

- Na proba combinada de olfato e vista, ao ver un alimento apetitoso o olor que percibíamos era agradable, non así cando viamos algo podre... aínda que o olor era o mesmo!!


2. O CEREBRO É ASÍ: AS ILUSIÓNS 

"O cerebro é quen ve, oe, cheira, gusta e toca. Todos os pensamentos e experiencias son unha creación deste órgano.

Os magos estudaron como altera as percepcións normais e nos sorprende cos seus trucos e ilusións". Neste módulo podemos ver algunhas das máis importantes ilusións:

Como unha persoa cambia de tamaño en tempo real (habitación de Ames), unha anamorfose (unha deformación deliberadamente distorsionada), como un lápis atravesa un ángulo imposible...

 

3.ÁBRESE O PANO 

"O ilusionosmo consiste en crear sucesos altamente improbables que nos enchen de perplexidade e admiración".

Aquí experimentamos con algún xogo de mesa, fomos a cabeza dunha gran araña...

 

 

E para rematar a visita, que mellor que coñecer un dos parques máis antigos de Ourense??... O Xardín do Posío:

 

 E e

Powered by Drupal - Design by artinet