ENCONTRO CO AUTOR/A 2016

O pasado martes, 29 de marzo, os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria participaron nunha das actividades máis interesantes e motivadoras para eles: o encontro co autor/a dun libro que acababan de ler nas aulas. Este ano o encontro foi con Érica Esmorís, autora do libro "Nena e o mar" premio Merlín de Literatura Infantil 2015. 

O encontro tivo lugar no salón de actos da Escola de Teatro Municipal. A autora fixo unha presentación de sí mesma, dos rasgos principais da súa vida e contou como se adicou á literatura, cal era o proceso que seguía para escribir os seus libros...tamén lles explicou como nacera e se fora fraguando o libro "Nena e o mar" para despois contestar a todas as preguntas que lle quixeron facer os rapaces e rapazas. Ao final asinou os libros que lle presentaron. 

O día do encontro estaban presentes periodistas e cámaras da Televisión de Galicia que entrevistaron, unha vez rematado o acto, a diferentes alumnos/as para coñecer a súa opinión sobre o libro.Ismael e Antonio, alumnos do noso centro, foron algúns dos entrevistados. Aquí tedes un enlace á páxina web da CRTVG e ao vídeo da entrevista (picade na imaxe):

 

Tamén vos deixamos uns enlaces moi interesantes para que coñezades máis detalles sobre esta a autora e a súa obra:

 

 (Premede en cada imaxe para acceder aos contidos)

 

Powered by Drupal - Design by artinet