NOS SEUS ZA-PATOS

No programa de Voz Natura, ademais do proxecto "ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO", este curso retomaremos o proxecto "NOS SEUS ZA-PATOS", que o pasado curso quedou suspendido antes do previsto pola continúa desaparición dos parrulos e pitas que coidabamos.

Volvemos comezar con moitas gañas de que todo vaia ben e coa ilusión dos máis pequenos, que xa comezaron a visitalos para levarlles comida e pasar un rato con eles. 

Temos 4 bonitos parrulos que xa se adaptaron ao seu recinto e que os nenos bautizaron como: Renato, Patosa, Curiosa e Fermosa.

Tamén temos un galo kirico que é moi divertido e que os pequenos/as din que é o gardián dos patos. 

Fai uns días Alejandro, o portavoz do comité científico de Voz Natura estivo a realizarnos unha visita e puxo unha reseña da mesma na páxina web de Voz Natura. Entrade no noso blog "Eco peregrinos no bo camiño" para coñecer máis detalles do proxecto e as primeiras fotos das visitas dos nenos e das nenas aos parrulos. 

- ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO 

Powered by Drupal - Design by artinet