SAÍDA DIDÁCTICA

Na sala de exposicións de Nocacaixagalicia que se atopa na Praza Maior hai unha exposición (pódese visitar ata o 29 de xuño) sobre o gravado: Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló. Simultaneamente realízanse actividades didácticas para que os nenos coñezan esta técnica pictórica.

O venres 25 de abril os alumnos de 3º e 4º de primaria participaron na actividade didáctica proposta para o 2º ciclo de educación primaria: A caixa das ferramentas de Miró. O obxectivo da visita obradoiro e que os nenos coñezan o gravado, algunhas das ferramentas, materiais e técnicas que usa un gravador e pratiquen con eles.

Ademais de contemplar as 52 obras expostas, realizáronse actividades sobre obras de Picasso e Joan Miró. Despois os alumnos  gravaron (facendo incisións cunha gubia) un debuxo feito a lapis nunha prancha de linóleo. Logo de impregnar a prancha gravada con tinta, poñer sobre ela un cartón e apretalos na prensa (tórculo) conseguiron unhas coloridas estampas. (preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)

 

Powered by Drupal - Design by artinet