Circulares

AVISO A CENTROS EDUCATIVOS

Na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaban de publicar novas instrucións para os centros educativos:

NOVAS INSTRUCIÓNS A EQUIPOS DIRECTIVOS SOBRE A PRESENZA NOS CENTROS

 

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Publicamos o REAL DECRETO 463/2020, do 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19:

- REAL DECRETO 463/2020

Destacamos os artigos 7 e 9, o primeiro fala da limitación de movementos e o segundo das medidas no ámbito educativo. 

Tamén publicamos a  RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19:

- RESOLUCIÓN DO 15 DE MARZO 

Destacamos tamén as medidas no ámbito educativo:

INFORMACIÓN INICIAL CURSO 2019-20

No díptico informativo de principio de curso, que reproducimos a continuación, figuran algúns datos básicos referidos ao calendario do presente curso, horarios do centro, de secretaría, das sesións de titorías, composición do claustro e do consello escolar e algunhas recomendacións básicas para que sexa máis efectiva a colaboración entre a escola e as familias. 

Tamén figura neste folleto a convocatoria da reunión de principio de curso con todas as familias. Dita reunión será o vindeiro 24 de setembro ás 6 da tarde. Coma sempre, esperamos contar coa súa presenza para transmitirlles información xeral sobre o funcionamento do centro e especialmente aspectos referidos ao grupo/curso en que estuda o seu fillo/a.

Esta reunión constará de dúas partes:

- Reunión xeral de todas as familias co equipo directivo e con todo o profesorado onde se lles explicarán as normas de funcionamento do centro e as novas do presente curso.

- Cada familia reunirase a continuación co titor/a do seu fillo/a  para a presentación do grupo, coñecer os obxectivos do curso, organización da aula, tarefas escolares... e aqueles outros aspectos relevantes para o inicio da colaboración e comunicación entre as familias e o profesorado en aras da mellora do proceso educativo dos seus fillos/as. 

 

REUNIÓN ED. INFANTIL

AVISO PARA PAIS, NAIS E/OU TITORES LEGAIS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS):

O XOVES, DÍA 5 DE SETEMBRO, ÁS 12:00 H., TERÁ LUGAR A PRIMEIRA REUNIÓN DO PRESENTE CURSO ESCOLAR 2019-20. É moi importante a súa presenza xa que se tratarán temas básicos (período de adaptación, normas básicas, organización da clase...) e  fundamentais para os máis peques que comezan este ano a súa andaina no noso centro. Benvidos/as!!!

AVALDÍA 2018-19

Nas seguintes circulares informamos:  primeiro sobre a AVALIACIÓN INDIVIDUALIZA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA que se realizará en todos os centros educativos de Galicia:

 

E segundo sobre a AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA que só se celebra en determinados centros, sendo este curso o noso colexio un dos seleccionados:

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS CURSO 2019/20

Tal e como establece a normativa vixente, ao longo do mes de abril deberedes presentar no centro a solicitude de uso do servizo de transporte e/ou comedor escolar para o vindeiro curso 2019/20. O prazo de presentación da mesma remata o 30 de abril. 

Aínda que a solicitude xa foi entregada a todo o alumnado, podedes descargala premendo na seguinte imaxe:

 

INFORMACIÓN CURSO 2018-19

No díptico informativo de principio de curso, que reproducimos a continuación, podedes consultar diversas informacións: horarios, obxectivos do presente curso, normas xerais, composición do claustro de profesores, recomendacións...

Nel tamén vos informamos que o vindeiro martes, 25 de setembro, ás 18:00 horas,esperamos a todos os pais/nais e/ou titores legais dos nosos alumnos/as, no salón de actos do centro, onde terá lugar a primeira reunión informativa do curso que acabamos de comezar. 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establece no seu artigo 20.3 que os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de educación primaria. Esta avaliación ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

As avaliacións individualizadas de terceiro curso de educación primaria  teñen carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora.

O pasado xoves, 26 de abril, saiu publicado no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria.

Achégase enlace:

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/8. 

Segundo as citadas instrucións as probas realizaranse os vindeiros 23 e 24 de maio.

 

 

INFORMACIÓN CURSO 2017-18

No díptico informativo de principio de curso, que reproducimos a continuación, podedes consultar diversas informacións: horarios, obxectivos do presente curso, normas xerais, composición do claustro de profesores, recomendacións...

Nel tamén vos informamos que o vindeiro martes, 26 de setembro, ás 18:00 horas,esperamos a todos os pais/nais e/ou titores legais dos nosos alumnos/as, no salón de actos do centro, onde terá lugar a primeira reunión informativa do curso que acabamos de comezar. 

Powered by Drupal - Design by artinet